As toxinas (do grego τοξικόν toxikon) son substancias velenosas producidas por células de organismos vivos. As toxinas non inclúen a velenos producidos sinteticamente. O termo empregouno por primeira vez o químico Ludwig Brieger (1849–1919).
As toxinas poden ser aquelas pequenas moléculas, péptidos ou proteínas que causen enfermidades por contacto con ou por absorción nos tecidos corporais e que interactúen con macromoléculas biolóxicas, como enzimas ou receptores celulares. As toxinas varían amplamente na súa capacidade de toxicidade. Van desde pequenas inchazóns, como as de picaduras de abellas, a mortes súbitas, como as da toxina botúlica.
Biotoxina Ás veces emprégase o termo biotoxina para subliñar a orixe biolóxica da enfermidade.
As biotoxinas clasifícanse ademais en biotoxinas de fungos (ou micotoxinas), biotoxinas microbianas, biotoxinas de plantas (ou ficotoxinas) e biotoxinas animais. Ás biotoxinas producidas en medios acuáticos chámaselle biotoxinas mariñas.
As toxinas que producen os microorganismos son os factores que determinan a virulencia dos patóxenos microbianos e/ou a capacidade de evasión inmune do hóspede.
O papel das bioxotinas na natureza son: a predación nos arácnidos, cóbregas, escorpións, avespas, medusas a defensa nas abellas, formigas, térmites, medusas, ras
Toxinas ambientais O termo toxina ambiental emprégase ás veces para incluír explicitamente a contaminantes sintéticos. Inclúen a produtos contaminantes industriais e outras substancias tóxicas producidas artificialmente. Este termo, que contradí as outras definicións de toxina, emprégase habitualmente en campos fóra das microbioloxías.
Algúns casos de toxinas ambientais que se transmite a través da cadeas tróficas de medios mariños e son prexudiciais para a saúde humana son: Toxina paralizante dos moluscos. Toxina amnésica dos moluscos. Toxina diarreica dos moluscos. Toxina neurotóxica dos moluscos.
Notas
Véxase tamén Biotoxina mariñas
Categoría:Intoxicacións alimentarias