Cortaderia é un xénero con 25 a 35 especies de plantas herbáceas e perennes pertencentes á familia das poáceas. Distribúense por Suramérica (15-20 especies), Nova Zelandia (4 especies) e Illa de Nova Guinea (unha especie).

Especies Cortaderia argentea (Nees) Stapf. Cortaderia fulvida (Buchanan) Zotov - N. Zelandia. Cortaderia jubata (Lemoine ex Carrière) Stapf (sin. C. quila), nordés de América do Sur. (Andes). Pasto grande que produce moita semente asexualmente. É moi semellante a C. selloana. Cortaderia pilosa (d'Urv.) Hack. ex Dusén. Cortaderia quila (Nees & Meyen) Stapf]]. Cortaderia richardii (Endl.) Zotov - N. Zelandia. Cortaderia rudiuscula Stapf - América do Sur (Andes centrais). Parente de C. jubata, tamén se reproduce asexuadamente. Cortaderia selloana (Schult. & Schult.f.) Asch. & Graebn. - pasto cortadeira, sur de América do Sur. Cortaderia sericantha Hitchc.. Cortaderia splendens Connor - N. Zelandia. Cortaderia toetoe Zotov - N. Zelandia. Cortaderia trianae Stapf ex Conert. Cortaderia vaginata Swallen.

Cultivo As especies de Cortaderia son moi altas, de 1,5-3,5 m de altura, con inflorescencias brancas ou violáceas, en plumeiro. Son moi empregadas como planta ornamental.

O nome común cortadeira, estritamente referido a C. selloana, é xeralmente aplicado a todas as especies do xénero (e ás veces, incorrectamente, para Erianthus e Saccharum ravennae).

Algunhas especies, notablemente C. selloana, C. jubata e C. rudiuscula, fixéronse especies invasoras en áreas de Nova Zelandia, costas de California, Hawai. Nesas áreas, e en calquera lugar con clima mediterráneo, deberíase evitar sementar especies de Cortadeira. En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras

O nome do xénero Cortaderia é debido ás follas con bordos aserrados.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Plantas invasoras