Bashar al-Assad (بشار الاسد), nado o 11 de setembro de 1965 foi o presidente de Siria dende 2000, á morte do seu pai o presidente Hafez al-Assad, e ata o 8 de decembro de 2024, cando fuxiu do país.

Estudou oftalmoloxía en Londres. Inicialmente tiña poucas aspiracións políticas, o seu pai educara o seu irmán máis vello, Basil al-Assad para ser o futuro presidente, pero a morte deste en accidente de automóbil mudou a situación, e Bashar converteuse no herdeiro político do pai.

Predecesor::Abdulhalim Khaddam(de facto) Presidente de Siria:2000-2024 Sucesor: -

Categoría:Presidentes de Siria Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Damasco Categoría:Guerra Civil siria