miniatura|Juncus articulatus O xunco (xénero Juncus L. 1753) é unha planta da familia das xuncáceas, moi común na conca mediterránea, en América e África, con máis de 225 especies.
Morfoloxía O seu tamaño habitual é de 9 dm de altura. Vive en solos húmidos, en ribeiras e pantanos. A folla é cilíndrica, alargada, recta e flexible. Florece de abril a xullo.
A flor é composta, pequena e de cor parda. O froito é ovalado de cor marrón.
Uso Utilízase o talo, en cestaría, para facer teitumes e sebes naturais.
Especies seleccionadas Juncus abortivus Chapm. Juncus acuminatus Salzm. ex Steud. Juncus acutus (L.) Torr. ex Retz. Juncus acutiflorus Ehrh. ex Hoffm. Juncus albescens (Lange) Fernald Juncus aletaiensis K.F.Wu Juncus alexandri L.A.S.Johnson Juncus alpestris Gliem. ex Bab. Juncus altus Buchenau Juncus anatolicus Snogerup Juncus anceps Laharpe Juncus andreanus Weath. Juncus angustifolius Wulfen Juncus squarrosus Juncus validus Coville Juncus vallis-demonis Lojac. Juncus viviparus Conrad Juncus welwitschii Hochst. ex Steud. Juncus woroschilovii Nechaev
Os xuncos na cultura popular galega Os xuncos serven para diferenciar un posible mal de ollo dunha envexa ou dun feitixo das bruxería. Para isto cómpre tomar tres xuncas dun mesmo pé e cortalas á mesma altura; logo átase a cada unha delas un papeliño onde se escribiron os tres nomes das citadas doenzas. Ó cabo de tres días mírase cal das tres xuncas creceu máis que as outras e o papel indicará a doenza que se sofre.Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Galaxia, Vigo 2011, s. v. proba das tres xuncas.
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Juncus Categoría:Plantas acuáticas