A asociación cultural galega CiberIrmandade da Fala é unha asociación a prol do uso do galego na rede, vén funcionando dende o ano 1996Vaquero e Romero, 2001: "Camilo Regueiro promove a constitución e o web das CiberIrmandades da Fala, organización virtual a prol do uso do galego en Internet"., aínda que foi rexistrada coma tal no 2006, o que fai desta asociación unha das máis antigas e dinámicas dentro das asociacións galegas na rede.

Actividade

A actividade desta asociación céntrase en facer campañas de concienciación do uso do galego, mediante o uso de envío de correos electrónicos ós administradores de webs galegos de institucións, empresas ou particulares pregándolles o emprego da lingua galega, pero tamén ofrecendo recursos coma aloxamento a outros proxectos, traducindo software ó galego (destacando ó mantemento das traducións do phpBB, Winmerge, Coppermine), ofrecendo descargas e documentación.

Organización Nos seus primeiros pasos, a organización estaba baseada nas roldas de correo electrónico, pero co paso do tempo e ó dar o paso de rexistrase coma asociación, os ciberirmandiños decidiron ser máis autónomos, facerse cunha web con sistema de foros, dominio e espazo web propio, co que esta asociación renovou, diversificou e dinamizou moito o seu traballo; evidentemente nesta nova etapa, a organización usa o sistema de foros para organizarse, usando o sistema propio de permisos que ten calquera foro e dividindo en subforos o seu traballo por temáticas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Fala Ceibe A Mesa pola Normalización Lingüística

Categoría:Entidades de promoción do galego Categoría:Asociacións culturais de Galicia