O golfo de Honduras, ou baía de Honduras, é un accidente xeográfico situado no mar Caribe no litoral de México, Belize, Guatemala e Honduras. De norte a sur, esténdese uns 200 km dende Dangriga (Belize) até La Ceiba (Honduras).
O interior do Golfo está bordeado pola Barreira de Coral de Belize, que forma a parte sur do Sistema Arrecifal Mesoamericano, dunha lonxitude total de 900 km, o segundo maior sistema de arrecifes de coral do mundo, trala Gran Barreira de Coral, en Australia.
No golfo verten augas 12 ríos cun caudal medio estimado de 1.232 m³ por segundo. Entre estes están o río Moho, o río Sarstún, o río Dulce, o río Motagua e o río Ulúa. O lago de Izabal, en Guatemala, encóntrase ligado ao golfo por un canal estreito.miniatura|Golfo de Honduras, no centro do mapa|centro
Notas
Categoría:Golfos e baías