San Pedro de Matamá é unha parroquia do concello de Vigo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 3.659 habitantes (1.757 homes e 1.902 mulleres). Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Coia, Santo André de Comesaña e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 42 entidades de poboación.
Toponimia O topónimo Matamá é un fitónimo derivado de (de orixe prerromana) (de orixe latina), referido a un terreo de pouca calidade ou difícil de traballar.
Xentilicio O seu xentilicio é matamanexo.
Patrimonio miniatura|Igrexa parroquial. Conta cun importante patrimonio arqueolóxico con restos da Idade de Bronce. Posúe mostras de arte rupestre no Monte Fabal, no barrio de Mó, en Gáspara, nas Tomadas e nos Sobreiros. Ademais, Matamá posúe dous poboados castrexos.
A igrexa parroquial de San Pedro é de estilo neoclásico e foi construída a finais do século XVIII. Na zona abundan as fontes e os lavadoiros e, nos barrios de Balsa e das Carneiras, hai varios muíños de auga. O cemiterio alberga o único cruceiro de Matamá, construído no 1691.
Na Zona Franca está situada a fábrica de PSA-Citroën.
Lugares e parroquias Lugares de Matamá
Parroquias de Vigo
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lugares de Vigo
Categoría:Parroquias de Vigo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía