Anderson Luis de Carvalho, coñecido coma Nenê, nado en Jundiaí (São Paulo) o 19 de xullo de 1981, é un futbolista brasileiro. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Al-Gharafa Sports Club.

Traxectoria Comezou a súa carreira futbolística no Juiandaí brasileiro, pasando apartir do ano 2002 por Palmeiras e Santos. Deu o salto a Europa no ano 2003 fichando polo RCD Mallorca, e tras unha experiencia non de todo boa nas illas ficha polo Deportivo Alavés de Dimitri Peterman onde sería a estrela, marcando 12 goles e certificando o ascenso do equipo de Vitoria a Primeira División.

A tempada 2005–06 o Alavés non conseguiría manterse en Primeira pero a nivel persoal foi moi bo ano para o xogador brasileiro, xogando tódolos partidos como titular e marcando 9 goles. Tralo descenso do seu equipo, Nené fichou polo Celta de Vigo polo prezo de 4,5 millóns de euros e ao canteirán Toni Moral, un grande esforzo económico para o club celeste.

No seu único ano en Vigo volveu a xogar tódolos partidos como titular tanto en Liga como na Copa da UEFA, indo as súas actuacións de menos a máis ao longo do ano, tendo un papel moi importante ao final da tempada aínda que non conseguiría salvar ao equipo do descenso a Segunda División.

Co segundo descenso consecutivo Nené volve cambiar de aires e tras negociar con clubs como Getafe CF ou Olympiakos ficharía polo AS Monaco FC polo prezo de 7 millóns de euros

Na tempada 2008–09 foi cedido ao RCD Espanyol volvendo ao ano seguinte a Mónaco nun gran nivel de forma, o cal lle valeu ao final de ano para fichar polo Paris Saint-Germain FC, club no que aínda milita.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Nené Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados no estado de São Paulo Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Paulista FC Categoría:Xogadores do SE Palmeiras Categoría:Xogadores do Santos FC Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do AS Monaco FC Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores do Al-Gharafa Sports Club