Illa Mosquito (inglés Mosquito Island ou Moskito Island) é unha illa no arquipélago das Illas Virxes Británicas no Caribe pertencentes ao Reino Unido. Situada fronte á costa de Virgin Gorda é desde hai tempo a favorita para mergulladores e mariñeiros. Durante moitos anos, a illa foi a localización dun resort de mergullo chamado Drake's Anchorage. Sir Richard Branson mercou a illa en 2007 por 10 millóns de libras.

A illa está situada no lado oeste do seo de Gorda xunto a Virgin Gorda e preto de Illa Necker, que tamén é propiedade de Branson.

Barack Obama visitou a illa en febreiro de 2017 e alí aprendeu a facer kiteboard, pouco despois da súa retirada como presidente dos Estados Unidos.

Xeografía

Illa Mosquito atópase no mar Caribe preto de 10 quilómetros ao nordés da illa principal de Tórtola e só a uns 100 m ao norte da "Anguía Point" en Virgin Gorda e aproximadamente 1 km ao suroeste de Illa Necker.

A illa é de orixe volcánica e ten unha superficie de ao redor de 0,5 km². A altura máxima é duns 50 metros sobre o mar

É totalmente de propiedade privada e non ten poboación permanente.

A illa só se pode chegar por barco, o transbordador desde Tórtola tarda uns 30 minutos.

Historia

Mosquito foi descuberta 1493 por Cristovo Colón, durante a súa segunda viaxe ó Novo Mundo.

O nome vén de Mosquito, uns nativos americanos que vivían na illa antes da 1500.

En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga. En 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.

En 2007 comprou a illa o aventureiro e empresario Sir Richard Branson e agora toda a illa é de propiedade privada. Branson tamén é propietario da Illa Necker.

Hoxe a illa está deserta, en previsión da despregadura dun complexo turístico planificado.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas Mapa da Illa en Wikimapia

Categoría:Illas do Caribe Categoría:Illas Virxes Británicas Categoría:Illas do Reino Unido