miniatura|dereita|Venda de melindres no Corpiño, Lalín O trigo é o termo xeral que designa as distintas especies bravas e cultivadas do xénero Triticum spp, cereal anual que se cultiva en todo o mundo.Cendrero, Orestes (1938) Nociones de historia natural. Sétima Edición, París. pp. 243. Globalmente, é o segundo gran comestíbel máis cultivado, xunto ao millo; sendo o terceiro o arroz; e o máis consumido polo ser humano na civilización occidental dende a antigüidade. En Galiza cultívase dende hai séculos, aínda que outros cereais, como o millo, que ten máis importancia no país Segundo o Anuario de Estatística Agraria e Contas Económicas da Agricultura , a superficie dedicada en Galiza ó cultivo do millo en gran, en 2011, era de 18.085 hectáreas, cunha produción de 127.425 toneladas; o trigo ocupaba 15.478 ha e alcanzaba unha produción de 45.542 tn. O centeo só ocupaba 4.909 ha cunha produción de 8.544 toneladas..

O glute do trigo dálle ao pan unha consistencia elástica á masa de fariña e auga. Por mor da intolerancia ao glute (doenza celíaca) moitas persoas non poden consumir trigo nin outros cereais (orxo, centeo).

O gran de trigo utilízase para facer fariña triga, sémola, cervexa e unha gran variedade de produtos alimentarios.Kent, Norman Leslie (1983) Technology of Cereals: An introduction for students of food science and agriculture. Pergamon Press Ltd, Oxford. Coa fariña faise: Pan: empanadas, pizzas etc. Repostaría: biscoitos, madalenas, roscas etc. Pasta: tallaríns, macarróns, canelóns etc. Mollos: salsa bechamel

Etimoloxía En galego a palabra trigo designa tanto á planta coma ás súas sementes comestíbeis, coma ocorre cos nomes doutros cereais. Tamén trigo e triga son adxectivos que designan a algo que está feito de fariña de trigo: ex. fariña triga, pantrigo.

A palabra «trigo» provén do vocábulo latino triticum, que significa ‘crebado’, ‘triturado’ ou ‘triscado’, facendo referencia á actividade que cómpre realizar para separar o gran de trigo da casca que o recobre. Triticum significa, polo tanto, "[o gran] que cómpre triturar [para poder ser consumido]"; asemade a verba galega millo (derivada en realidade do millo miúdo) deriva do latín milium, que significa "moído", ou sexa, "[o gran] que cómpre moer [para poder ser consumido]". O trigo (triticum) é, polo tanto, unha das palabras máis antigas para denominar os cereais.

Descrición do xénero O trigo medra en ambientes coas seguintes características: Clima: temperatura mínima de 3 °C e máxima de 30 a 33 °C, sendo unha temperatura óptima entre 10 e 25 °C.Ruiz Camacho, Rubén (1981): Cultivo del Trigo y la Cebada. Temas de Orientación Agropecuaria, Bogotá. pp. 19-20. Humidade: require unha humidade relativa entre 40 e 70%; dende o espigado até a colleita é a tempada que ten maiores requirimentos neste aspecto, xa que esixe unha humidade relativa entre o 50 e 60% e un clima seco para a súa maduración. Auga: ten uns baixos requirimentos de auga, xa que se pode cultivar en zonas onde chove entre 25 e 2.800 mm anuais de auga, aínda que un 75% do trigo medra entre os 375 e 800 mm. A cantidade óptima é de 400–500 mm/ciclo (menor á precipitación de Galiza). Solo: os mellores solos para o seu crecemento deben ser soltos, fondos, vizosos e libres de asolagamentos, e deben ter un pH entre 6,0 e 7,5; en terreos moi acedos, coma os galegos, é difícil acadar un crecemento axeitado.

A sementeira en cultivos rotativos de trigo é moi benéfica para os solos xa que, como a meirande parte das gramíneas, ten raíces en cabeleira, axudando a mellorar a estrutura dos mesmos, e fornecendo maior aeración, permeabilidade e teor de humidade.

Morfoloxía miniatura|Ilustración da morfoloxía da planta de trigo. As partes da planta de trigo pódense describir do xeito a seguir:

Raíz O trigo posúe unha raizame fasciculada ou raizame en cabeleira, é dicir, con numerosas ramificacións, que acadan na súa maioría unha profundidade de 25 cm, chegando algunhas delas até un metro de fondo. Léase botánica del trigo en Infoagro (en castelán).

Talo O talo do trigo é unha cana oca con nós que se alongan cara a parte superior, acadando entre 0,5 a 2 metros de altura, e é pouco ramificado.

Follas As follas do trigo teñen unha forma linear-lanceolada (alongadas, rectas e rematadas en punta) con vaíña, lígula e aurículas ben definidas.

Inflorescencia A inflorescencia é unha espiga composta por un raque (eixo graduado), talo central de entrenós curtos, sobre o que van dispostas de 20 a 30 espiguetas, de xeito alterno, laxas ou compactas, levando cada unha nove flores, a maioría das cales abortan, arrodeadas por glumas, glumelas, lodículos ou glomélulas.

Grans Os grans son cariópsides que presentan forma oval cos seus extremos arredondados. O xerme sobresae nun deles e no outro hai unha mecha de pelaxe fina. O resto do gran, denominado endosperma, é un depósito de alimentos para o embrión, que representa o 82% do peso do gran. Ao longo da cara ventral do gran hai unha depresión (suco): unha invaxinación da aleurona e todas as cubertas. No fondo do suco hai unha zona vascular fortemente pigmentada. O pericarpo e maila testa, xunto coa campa de aleurona, conforman o farelo de trigo.

O gran de trigo contén unha parte da proteína que se chama glute. O glute facilita a elaboración de lévedos de alta calidade, que son necesarios na panificación.

Xenética A xenética do trigo é máis complicada que a da maioría das outras especies de plantas domesticadas. A especie trigo é un poliploide estábel, que ten máis de dous conxuntos de sete cromosomas. Tanto o Triticum durum coma o Triticum turgidum evolucionaron como especies de tetraploides polo cruzamento natural de dúas especies bravas, Triticum urartu e unha especie hoxe extinta, Sitopsis. O trigo vulgar do pan (Triticum aestivum) evolucionou coma unha especie de hexaploide posterior hai arredor de 2000 anos, despois do cruzamento natural de Triticum turgidum e Aegilops taushii.

A especie de trigo cultivado Triticum monococcum é Diploide (2n=2x=14 cromosomas). Os trigos Tetraploides (por exemplo trigo durum) son derivados da especie brava Triticum dicoccoides (amidoeiro), e este á súa vez é o resultado dunha hibridación entre dúas herbas bravas diploides: Triticum urartu e Aegilops searsii ou Aegilops speltoides. A hibridación que xerou o Triticum dicoccoides ocorreu en terra virxe, moito antes da súa domesticación. Os trigos Hexaploides evolucionaron xa en leiras cultivadas. Tanto o trigo dicoccoides coma o durum hibridaron con outra herba diploide brava (Aegilops tauschii) para crear os trigos hexaploides (cromosomas 6x), Triticum spelta e Triticum aestivum.

A heterose ou vigor híbrido ocorre nos trigos hexaploides, mais a semente é difícil de producir en variedades híbridas cultivadas nunha escala comercial como se fai coas flores de millo, porque as flores do trigo son completas e adóitanse autopolinizar. A semente híbrida comercial do trigo produciuse utilizando axentes químicos hibridantes, reguladores do crecemento da planta que interveñen selectivamente co desenvolvemento do pole, ou ocorrendo naturalmente en sistemas masculinos citoplasmáticos de esterilidade. O trigo híbrido tivo un éxito comercial limitado en Europa (especialmente en Francia), nos Estados Unidos e en Suráfrica.

Historia O trigo ten as súas orixes na antiga Mesopotamia. As máis antigas evidencias arqueolóxicas do cultivo do trigo veñen de Siria, Xordania, Turquía e Iraq. Hai arredor de 8.000 anos, unha mutación ou unha hibridación ocorreu no trigo silvestre, dando por resultado unha planta tetraploide con sementes máis grandes, a cal non podería terse espallado co vento. Existen achados de restos carbonizados de grans do trigo Triticum dicoccoidesKent, Norman Leslie (1983): Technology of cereals: An introduction for students of food science and agriculture. Pergamon Press Ltd, Oxford. pp. 13. e pegadas de grans en barro cocido en Jarmo (Iraq setentrional), que datan do ano 6700 a. C.Ruiz Camacho, Rubén (1981): Cultivo del Trigo y la Cebada. Temas de Orientación Agropecuaria, Bogotá. pp. 9-12. Mentres que esta planta non podería ter éxito en estado silvestre, dentro dos campos de cultivo produciu máis alimento para os seres humanos. Este feito provocou unha auténtica revolución agrícola no denominado Crecente Fértil. Simultaneamente, desenvolveuse a domesticación da ovella e a godalla, especies bravas que moraban na rexión, o que permitiu o asentamento da poboación e, con isto, a formación de comunidades humanas máis complexas, como o demostra tamén o xurdimento da escritura, concretamente a escritura cuneiforme, creada polos sumerios, e, polo tanto, o principio da historia e o fin da prehistoria. miniatura|250px|right|Espigas de trigo. A agricultura e a gandaría nacentes esixían un coidado continuo, o que xerou unha conciencia respecto do tempo e as estacións, obrigando a estas pequenas sociedades a gardar provisións para as épocas menos xenerosas, tendo conta dos beneficios que brinda o gran de trigo ao facilitar o seu almacenamento durante tempadas considerábeis.

A semente de trigo foi introducida na civilización do antigo Exipto para dar comezo ao seu cultivo no val do Nilo dende os seus primeiros períodos e de alí ás civilizacións grega e romana. A deusa grega do pan e mais da agricultura chamábase Deméter, cuxo nome significa ‘deusa nai’, o seu equivalente na Mitoloxía romana é Ceres, de onde xorde a verba «cereal» Deméter entregou a Triptólemo, o maior dos fillos de Céleo e Metanira, reis de Eleusis, un carro con dragóns alados. Tamén lle deu o trigo e, remontándose polo ceo, Triptólemo sementouno por toda a terra habitada (PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, Libro I, 5, 2)..

En Roma, o goberno aseguraba o mantemento dos cidadáns sen posibilidades económicas fornecendo trigo a un baixo prezo e regulando a moedura e fabricación do pan, xa que era unha práctica común o seu racionamento. A moedura e mais a cocción eran actividades que se realizaban á vez, de tal xeito que se deseñaban muíños-fornos cunha alta capacidade de produción.

O consumo de trigo e de pan no Imperio romano revestiu unha grande importancia que xa confirma a Biblia, xa que de acordo coas traducións máis exactas é posíbel contar no seu texto 40 veces a palabra «trigo», 264 veces a palabra «pan» e 17 veces a palabra «pans», acepcións estas últimas que poden referirse a pantrigo ou a pan de orxo (común daquela), aínda que nas citas bíblicas son frecuentemente utilizadas para se referir ao concepto máis amplo do conxunto de cousas que se requiren para vivir, coma na expresión «gañar o pan». Na parábola do sementador faise referencia á adulteración dos grans, comparando o trigo (a bondade) co xoio (Lolium temulentum) (a maldade).

miniatura|left|Muíños de vento. Até o século XVII non se presentaron grandes avances nos métodos de cultivo e procesamento do trigo. En case toda Europa cultivouse o gran de trigo, aínda que nalgunhas rexións, coma en Galiza, foron preferidos o centeo e o orxo (especialmente no norte). A invención do muíño de vento xerou unha nova fonte de enerxía, mais non variaron moito os métodos de traballo empregados.

A finais do século XVIII presentáronse algúns desenvolvementos mecánicos no proceso de moedura como ventiladores, montacargas e métodos modernos para a transmisión de forza, co cal se aumentou a produción de fariña.

No século XIX aparece o muíño de vapor con rodetes ou cilindros de ferro que representou un cambio radical na moedura. O cultivo do trigo foi aumentando á vez que estes e moitos outros desenvolvementos tecnolóxicos que permitiron mellorar o rendemento da planta e chegar a diversas rexións do planeta coma América do Norte ou Oceanía.

Clasificación