Santa Coloma de Farners é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, no nordés de España. É capital da comarca da Selva.

Demografía O núcleo urbano de Santa Coloma de Farners ten 10.003 habitantes (2008), 1.164 residen en Santa Coloma Residencial e o resto vive disperso polo termo municipal.

1900 1930 1950 1970 1981 1986 5.0414.6194.7545.8306.9937.582

Economía Agricultura de regadío e de secaño. Gandería bovina e porcina. Explotación forestal e industrias derivadas. Servizos comerciais.

Historia A igrexa parroquial aparece documentada desde o ano 898.

En 1943 a Deputación provincial elixe maioritariamente a a súa alcalde Andrés Taberner Collelmir para o cargo de procurador en Cortes na I Lexislatura das Cortes Españolas (1943-1946), representando aos Municipios desta provincia.

Lugares de interese Igrexa de Santa Coloma, de estilo gótico. Praza Maior porticada. Balneario de Les Termes d'Orion. Castelo de Farners. Santuario da Mare de Déu de Farners, próximo ao castelo. Mosteiro de Sant Pere Cercada, de estilo románico.

Ligazóns externas

Concello de Santa Coloma de Farners