Caicos Central, tamén chamada Gran Caicos, (en inglés:Middle Caicos ou Grand Caicos) é a illa máis grande das illas Turks e Caicos. Ao oeste, está separado de Caicos do Norte polo Juniper Hole, e ao leste, de Caicos do Leste polo Lorimer Creek, ambos son pasaxes estreitas que só permiten o paso de pequenas embarcacións.

A illa é coñecida polo seu extenso sistema de covas e polos seus importantes sitios arqueolóxicos indíxenas lucaiáns. A illa está conectada a Caicos do Norte a través dun camiño.

Xeografía Caicos Central ten unha superficie de 144,2 km², por encima da marca da marea alta, e de 294,1 km² en marea baixa. A diferenza entre os dous valores que non se contabiliza ao medir a superficie. A poboación estimada era de 468 habitantes en 2006. Forma parte do distrito de Caicos do Norte e Caicos Central.

As áreas naturais destacables son o pintoresco porto de Mudjin, situado na ribeira norte e as covas de Conch Bar. Na parte oriental das illas atópanse as ruínas da plantación de Haulover. Hai polo menos 38 sitios lucaians en Caicos Central. Escavacións recentes revelaron que Caicos Central era probablemente o principal asentamento dos lucaios nos subtropicos. As probas de asentamentos lucaios datan do 750 d.C e os arqueólogos cren que ata 4.000 indios vivían na illa.

Poboación A poboación residente de Caicos Central estímase en 275 habitantes. Caicos Central perdeu case a metade da súa poboación desde 2006, cando vivían alí 408 persoas, é a menos poboada de todas as illas habitadas das Illas Caicos.

Asentamentos de Caicos Central

Hai tres localidades en Caicos Central, de leste a oeste:

Lorimers Situada no extremo medio nordés da Illa, esta vila interior está situada ao longo da entrada da lagoa. É a máis pequena das tres aldeas de Caicos Central.

Bambarra Situada ao leste do Conch Bar a aproximadamente media milla no interior, esta aldea é o segundo asentamento máis grande de Caicos Central. É notable como a única cidade do arquipélago de Turks e Caicos que ten un nome de procedencia africana. Con boa reputación, a vila fundouse por superviventes do buque escravista español Trouvadore que afundiu preto de Caicos Central en 1842.

Conch Bar A maior das tres aldeas de Caicos Central, Conch Bar é a sede do aeroporto da illa, a escola primaria e as súas oficinas gobernamentais. Un parque nacional nas covas de Conch Bar alberga o maior sistema de covas por riba da auga nas Bahamas. As covas de pedra calcaria foron utilizadas como mina de guano durante a década de 1880. Os artefactos indíxenas dos lucaios e os restos esqueléticos de animais foron descubertos polas escavacións, pero non foron conservados.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas - Middle Caicos at TCI Mall

Categoría:Illas do Reino Unido Categoría:Illas Caicos