Terrence Williams, nado o 28 de xuño de 1987 en Seattle, Washington, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 1,98 metros de altura, xogaba nas posicións de escolta e ala.
Traxectoria Universidade Xogou durante 3 tempadas cos Cardinals da Universidade de Louisville, nas que acadou 11,1 puntos, 6,9 rebotes e 3,9 asistencias por partido.Ficha de Hill en TDR Na súa tempada junior conseguiu dúas das catro únicas triplas-dobres da historia dos Cardinals, ante Hartford o 17 de novembro de 2007, conseguindo 14 puntos, 12 rebotes e 13 asistencias no partido que inauguraba a tempada,Terrence Williams gets triple-double as No. 6 Louisville routs Hartford 104-69 e dous meses despois ante Seton Hall, conseguindo 10 puntos, 10 rebotes e 10 asistencias.Louisville Cardinals vs. Seton Hall Pirates - Box Score - January 19, 2008
Na súa última tempada foi elixido no mellor quinteto da Big East Conference, sendo incluído ademais no terceiro equipo All-American. É o único xogador da súa universidade en conseguir ao longo da súa traxectoria 1.500 puntos, 900 rebotes, 500 asistencias e 200 roubos de balón.
Estatísticas Tempada Equipo P PTS REB AST ROUB TAP %TC %3P %TL MIN PER 2005–06 Louisville Cardinals 33 8.4 4.7 2.1 1.0 0.3 .391 .310 .612 25.1 1.7 2006–07 Louisville Cardinals 34 12.4 7.0 3.8 1.3 0.7 .367 .261 .604 33.0 1.3 2007–08 Louisville Cardinals 36 11.1 7.2 4.5 1.5 0.7 .411 .340 .571 35.9 2.9 2008–09 Louisville Cardinals 37 12.5 8.6 5.0 2.3 0.8 .431 .385 .581 34.2 2.3Totais 140 11.1 6.9 3.9 0.6 1.4 .401 .326 .581 32.0 2.3
Profesional Foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2009 polos New Jersey Nets, equipo co cal asinou un contrato en xullo de 2009.
O 15 de decembro de 2010, Williams foi traspasado aos Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos incluíndo os Nets e os Los Angeles Lakers. O 16 de marzo de 2012, Williams foi cortado polos Rockets.
Tras ser cortado polos Rockets, Williams asinou un contrato de 10 días cos Sacramento Kings o 21 de marzo de 2012. O 31 de marzo de 2012, asinou para o resto da tempada.Kings sign G/F Terrence Williams for rest of the season
En novembro de 2012, fichou polos Guangdong Southern Tigers da China, os cales deixou en febreiro de 2013.
O 20 de febreiro de 2013, Williams asinou un contrato de 10 días cos Boston Celtics. O 3 de marzo de 2013, asinou cos Celtics un contrato multianual. O 30 de xuño de 2013, asinou o devandito contrato.Celtics Waive Terrence Williams
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en nba.com Estatísticas de Terrence Williams Ficha de Williams en Basketpedya.com Estatísticas de Williams na NCAA
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Seattle, Washington Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores do Türk Telekom BK Categoría:Xogadores dos Brujos de Guayama Categoría:Xogadores dos Vaqueros de Bayamón Categoría:Xogadores dos Guaiqueríes de Margarita