O premio Álvaro Cunqueiro de narrativa foi un premio literario que convocaban conxuntamente os concellos de Vigo e Mondoñedo.

Características

Creouse no ano 1991 (ano en que se lle dedicou a Álvaro Cunqueiro o Día das Letras Galegas) a través dun convenio entre os concellos de Vigo e Mondoñedo. Tivo carácter bianual cunha dotación económica de dous millóns de pesetas.

Obra premiada 1991: Branca de Loboso, de Xesús Rábade. 1993: Xente de mala morte, de Alfonso Álvarez Cáccamo. 1995: Os moradores da nada, de Xavier Lama. 1997: A compañía clandestina de contrapublicidade, de Marilar Aleixandre. 2000: Homónima, de Antón Riveiro Coello.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais Premio Álvaro Cunqueiro de Novela

Alvaro Cunqueiro de narrativa Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Álvaro Cunqueiro