A República de Fiji está organizada administrativamente en catro divisións, que se corresponden cos puntos cardinais, e que á súa vez están subdivididas en 14 provincias.
Características Cada división ten un comisario, posto polo goberno de Fiji. As divisións son basicamente agrupamentos de provincias e posúen poucas funcións administrativas. Cada provincia posúe unha Cámara Provincial que poden, dentro das súas provincias, crear leis e impostos, suxeitos á aprobación do goberno de Fiji. O goberno tamén é responsábel do nomear o cargo Roko Tui, xefe executivo da Cámara Provincial.
A illa de Rotuma, norte do arquipélago principal, aínda que está incluída na División Oeste para fins estatísticos (censo, por exemplo), porén, administrativamente, posúe autonomía interna coa súa propia cámara e poderes para lexislar sobre a maioría dos asuntos locais.
Divisións e provincias miniatura|350px|División administrativas das illas de Fiji División(capital) Provincia Presidente da Cámara (2005) Área(km²) Poboación(1996)Central(Suva)NaitasiriRatu Solomoni Boserau 1.666 126.641NamosiRatu Kiniviliame Taukeinikoro 570 5.742RewaPita Tagi Cakiverata 272 101.547SeruaAtunaisa Lacabuka 830 15.461TailevuJosefa Seruilagilagi 755 48.216Norte (Labasa)BuaRatu Filimoni Ralogaivau 1.379 14.988CakaudroveSitiveni Rabuka 2.816 44.821MacuataRatu Aisea Katonivere 2.004 80.207Leste(Levuka)KadavuRatu Josateki Nawalowalo 478 9.535LauRatu Josefa Basulu 487 12.211LomaivitiRatu Jo Lewanavanua 411 16.214Oeste(Lautoka)BaRatu Ovini Bokini 2.634 192.197Nadroga-NavosaRatu Sakiusa Makutu 2.385 54.083RaSimione Naikarua 1.341 30.904Rotuma (dependencia)Injimo Managreve 46 2.810
Categoría:Xeografía de Fiji