thumb|Miscellaneous tracts, 1768 Thomas Simpson, nado o 20 de agosto de 1710, falecido o 14 de maio de 1761, foi un matemático británico, inventor e epónimo da regra de Simpson para aproximar integrais definidas, aínda que este método xa fora descuberto 200 anos antes por Johannes Kepler (Keplersche Fassregel).
Parece ser que o método que se lle atribúe a Simpson era coñecido e usado por Bonaventura Cavalieri (un alumno de Galileo) en 1639, e máis tarde redescuberto por James Gregory.
Traxectoria Simpson naceu en Market Bosworth, Leicestershire. Fillo de tecedor, Simpson autoinstruíuse nas matemáticas e tamén na astroloxía logo de ver unha eclipse solar. Dedicouse á adiviñación, mais tívose que mudar a Derby despois do que lle fixo a unha rapaza para sacarlle o demo do corpoSimpson, Thomas (1710-1761) . Máis tarde foise a Londres.
Dende 1743, ensinou matemáticas na Academia Real Militar de Woolwich.
En 1758, Simpson foi escolleito membro estranxeiro da Real Academia das Ciencias de Suecia.
Obra Treatise of Fluxions (1737) The Nature and Laws of Chance (1740) The Doctrine of Annuities and Reversions (1742) Mathematical Dissertation on a Variety of Physical and Analytical Subjects (1743) A Treatise of Algebra (1745) Elements of Geometry (1747) Trigonometry, Plane and Spherical (1748) Select Exercises in Mathematics (1752) Miscellaneous Tracts on Some Curious Subjects in Mechanics, Physical Astronomy and Speculative Mathematics (1757)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Regra de Simpson Ligazóns externas Biografía de Thomas Simpson
Categoría:Matemáticos de Inglaterra Categoría:Nados en Leicestershire Categoría:Nados en 1710 Categoría:Finados en 1761 Categoría:Membros da Royal Society