Sonna foi un bispo galego da diocese de Britonia que asistiu ao Sétimo Concilio de Toledo no ano 646, onde asinou como:

Enrique Flórez considerou que este bispo é o mesmo que, sete anos despois, en 653, foi convocado ao Oitavo Concilio de Toledo.Flórez, pp. 13-14. Ao non poder acudir, enviaría como vigairo ao presbítero Matericus, que asinaría no seu lugar:

Hai consenso nesta teoría, tamén apoiada por García Moreno e por Simon Young, aínda que non hai probas concluíntes para afirmalo.

O mesmo García Moreno tamén supón que debeu ser consagrado bispo arredor do 639, xa que ao Sexto Concilio de Toledo non acudiu representante britano (e si acudiron das demais dioceses galegas), polo que a sé estaría vacante; e no VII Concilio é precedido por bispos consagrados pouco antes do VI.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Google Books

Categoría:Bispos entre 451 e 1054 de Galicia Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia Categoría:Bispos da diocese de Britonia