Essex é un condado situado ao leste de Londres, formando parte da rexión oriental de Inglaterra. Ocupa unha área de 3.670 km², cunha poboación estimada en 2010 de 1 737 900 habitantes.
A capital do condado é a cidade de Chelmsford, sendo a súa cidade máis importante. Outras cidades salientables de Essex son Colchester (a cidade máis vella da Inglaterra), e Southend, un dos maiores balnearios do Reino Unido.
Limita co Gran Londres e con Hertfordshire, Cambridgeshire e Suffolk. A súa fronteira con Kent é o río Támese.
A orixe do nome "Essex" está no antigo reino de Essex, fundado polos anglosaxóns cara ao ano 600. Os saxóns chegaron a Gran Bretaña, primeiro como foederati do Imperio Romano e despois como colonos, cara finais do século IV. Os que se asentaron no leste, ó longo da vía que comunicaba Londinium e Camulodunum foron chamados estseaxni (saxóns orientais), nome que, co paso dos séculos, derivou no actual Essex.
Distritos 300px|miniatura|esquerda|Distritos de Essex. Distritos do condado de EssexNºDistritoPoboación1Uttlesford77.5002Braintree144.0003Colchester181.0004Tendring148.5005Harlow78.8896Epping Forest124.7007Chelmsford169.5008Maldon63.2009Brentwood74.80010Basildon175.20011Rochford83.40012Castle Point86.60813Southend-on-Sea165.30014Thurrock159.700
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Reino de Essex
Categoría:Condados de Inglaterra Categoría:Essex