As illas Amirante son un conxunto de illas coralinas e atois que se atopan no océano Índico. Forman parte do conxunto de illas exteriores do arquipélago das Seychelles.
As illas do Almirante sitúanse a uns 230 km ao suroeste da illa de Mahé, no arquipélago das Seychelles, e a uns 650 km ao nordés da república de Madagascar. A uns 90 km ao sur das Almirante atópase o grupo de illas Alphonse as que ás veces en forma incorrecta son consideradas parte das Almirantes.
As Almirantes foron descubertas por Vasco da Gama durante a súa segunda viaxe de exploración en 1502, sendo chamadas "Ilhas do Almirante" (Illas do almirante). É posible que a existencia das illas xa fose coñecida polos comerciantes árabes e indios. En 1742 Francia proclamou o seu dominio sobre as illas xunto coas Seychelles. A posesión formal foi efectivizada no ano 1756. Mediante o Tratado de París (1814), a soberanía sobre as illas pasou oficialmente aos británicos, sendo parte de Mauricio. En 1909, as Seychelles se cosntituiron nunha colonia separada, que incluía as Almirantes. O 8 de novembro de 1965, o Reino Unido separou á Île Desroches das Seychelles para formar parte do novo Territorio Británico do Océano Índico que fora creado. O propósito era permitir a construción de bases militares para beneficio mutuo do Reino Unido e dos Estados Unidos. O 23 de xuño de 1976, Île Desroches foi devolta ás Seychelles ao adquirir estas a súa independencia.
A superficie total é de 9´91 km². A poboación total é menor de 100 habitantes, con 50 no principal asentamento de Desroches.
Hai oito illas individuais (cinco caios de area baixa e tres caios de area levantada), ademais de tres atois, cun total de 18 illotes (Atol St. Joseph con 14, Desroches con 1, Atol Poivre con 3). Ademais destas 11 unidades, a táboa seguinte tamén ten entradas para un arrecife e un banco sen illotes, en prol da exhaustividade. As cinco máis grandes da zona están habitadas. Os diferentes tipos de illas están marcados por diferentes cores de fondo na táboa.
Illa/Atol/Arrecife(Nome alternativo) TipoÁrea(km²) Pob.Coordenadas1Lady Denison-Penderbanco de area mergullado--2African BanksIlla0,3-3 RemireArrecife coral--4 Remire (Illa Eagle)Illa0,2710 5 D’ArrosIlla1,5015 6 Saint JosephAtol1,39-7 Arrecife BertautArrecife+Illa0,002-8 Desroches (Des Roches)Atol3,2450 9 PoivreAtol2,4810 10 Étoile (Lampériaire)Illa0,01- 11 Boudeuse (King Ross)Illa0,01- 12 Marie LouiseIlla0,52615 13 Desnœufs (Desnoeufs)Illa0,35- AlmiranteGrupo de illas10,0910004°49' ó 06°14'S,52°50° ó 53°41'E
Categoría:Illas do Índico Almirante