Ramiro Fonte Crespo, nado en Pontedeume o 7 de setembro de 1957 e finado en Barcelona o 11 de outubro de 2008, foi un docente e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas en Vigo, foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega. Foi profesor de galego no Colexio V Cañada Blanch de Londres.

Foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo (1977) e participou na fundación da revista Dorna en 1981. Colaborou en Dorna, Grial, Bonaval, Nordés, Diario 16 de Galicia.

Participou activamente nun momento de explosión da poesía galega, a Xeración dos 80, un grupo plural e relevante que rompeu co realismo social e potenciou a renovación poética mediante o culturalismo e a intertextualidade, coa atención posta na tradición galega e foránea.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Nos últimos anos da súa vida foi director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa desde 2004 ata o seu falecemento.

Obra Poesía As cidades da nada (1983). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Designium (1984). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-8475071190. Pensar na tempestade (1986: Santiago: Sotelo Blanco, col. Leliadoura. 101 páxs. Pasa un segredo (1988). Vigo: Xerais. ISBN 978-8475073149. Publicado en castelán no 1991 por Libertarias. Escolma poética (1990). Deputación de Granada, en edición bilingüe galego-castelán. Adeus norte (1991). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán.Publicado en castelán no 1992 por Editorial Renacimiento. ISBN 978-84-8457-236-7. As lúas suburbanas (1991). Librería Anticuaria el Guadalhorce. Luz do mediodía (1995). Culleredo: Espiral Maior.Publicado en castelán no 1997 por Editorial Renacimiento. ISBN 9788488137463. Luz de mediodía (1997). Ed. Renacimiento. ISBN 9788489371293. Persoas de amor (1995). Palma de Mallorca: Monograma. O cazador de libros (1997). Santiago: Sotelo Blanco. 120 páxs. ISBN 9788478243099. Mínima moralidade (1998). Deputación da Coruña. Ilustrado por Xurxo Gómez-Chao. ISBN 84-89652-46-5. Capitán Inverno (1999). Vigo: Xerais.166 páxs. ISBN 978-8483023747. Publicado en castelán no 2002 por Editorial Pre-Textos. A rocha dos proscritos (2001). Deputación de Pontevedra.2ª edición ampliada en 2005 con O pasaxeiro inmóbil, publicada en Xerais. ISBN 9788484570721. Reversos (2008). Vigo: Xerais. 168 páxs. ISBN 9788497829212.

Narrativa Catro novelas sentimentais (1988). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 9788475073033. Aves de paso (1990). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-7507-504-4. Dous relatos extensos. As regras do xogo (1990). Vigo: Cumio. ISBN 978-8487126185. Os leopardos da lúa (1993). Vigo: Galaxia. 2.ª ed. en 2010, 380 páxs. ISBN 978-84-9865-329-8. Soños eternos (1994). Vigo: Nigra. ISBN 978-84-87709-22-7.

Triloxía As vidas da infancia Os meus ollos (2003). Vigo: Xerais. 367 páxs. ISBN 9788497820745. Mis ojos (2024). A Coruña: Hércules Ediciones. ISBN 978-84-19754-17-2. Os ollos da ponte (2004). Vigo: Xerais. 352 páxs. ISBN 9788497822442. Los ojos del puente (2025). A Coruña: Hércules Ediciones. ISBN 978-84-19754-98-1. As pontes no ceo (2007). Vigo: Xerais. 568 páxs. ISBN 9788497826792. Los puentes en el cielo (2026). A Coruña: Hércules Ediciones. ISBN 978-8487126185.

Literatura infanto-xuvenil Xardín do pasatempo (2008). Vigo: Tambre. 113 páxs. ISBN 9788492404155. Poesía. Ilustracións de Jacobo Muñiz López.

Ensaio Fermín Bouza-Brey e a súa obra literaria (1992). Vigo: Galaxia. As bandeiras do corsario (1996). Vigo: Nigra.

En antoloxías e obras colectivas miniatura|Placa na casa natal, na Praza da Angustia de Pontedeume, no terceiro cabodano do seu pasamento. Cravo fondo, 1977, Follas Novas. Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco. Celso Emilio Ferreiro (1912-1979). Unha fotobiografía, 1989, Xerais. "Iluminacións danubianas" en Caderno de viaxe, 1989, Xerais. "Razóns para matar a Martíns" en O relato breve. Escolma dunha década, 1990, Galaxia. Sis poetes gallecs, 1990, Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán. Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, 1995, Deputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez. Ámbito dos pasos, 1996, Concello de Pontedeume. Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais. Galician generation of the eighties: three poets, 1999, Universidade da Coruña. X. Espazo para un signo, 2005, Xerais. Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.

Premios

Premio da Crítica de Galicia no 1985, por Designium. Premio Losada Diéguez de creación no 1985, por Designium. Premio Pedrón de Ouro no 1986, por O retornado. Premio da Crítica española no 1988, por Pasa un segredo. Premio Esquío no 1990, por Adeus norte. Premio de poesía Miguel González Garcés no 1997, por Mínima moralidade. Premio Losada Diéguez de creación no 2004, por Os meus ollos.

Poemas musicados O guitarrista e compositor Víctor Aneiros musicaliza o poema "Na barra", no seu álbum Heroe Secreto (2008). No seu álbum Brétemas da Memoria (2010) musicaliza 7 poemas de Ramiro Fonte: "Vida bohemia", "Sombras de Compostela", "Autor de westerns", "Máis alá", "Un tute á morte", "Cabina telefónica" (Lupanar de cristal) e "Rita Hayworth" (Sirenas da policía).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

"Ramiro Fonte" Gran Enciclopèdia Catalana.

Outros artigos Literatura galega do século XX Ligazóns externas

Páxina do autor en Xerais "O home necesita lembranzas para valerse na súa vida" La Voz de Galicia, 16 de decembro de 2007. Salgado, Daniel (7/12/2007). "Reivindico a ética do artesán fronte ao ego do artista", El País. "Ramiro Fonte na voz dos seus amigos", Nova do seu falecemento en Vieiros, 13 de outubro de 2008.

Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Premio Esquío Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega