Os Ingleses Rugby Club é un club de rugby de Vilagarcía de Arousa, fundado en 1988, que xoga os seus encontros como local no estadio de atletismo do Complexo Deportivo Municipal de Fontecarmoa.

Historia O club naceu no verán de 1988 da man dun grupo de amigos capitaneados por Pablo García Giménez (tamén coñecido como "o Oso"), que se comezaron a reunir para xogar ao rugby (daquela pouco coñecido na cidade).

Logo de debater sobre o nome do club, chegouse á conclusión de que o nome sería “Os Ingleses Rugby Club”, nome polo cal se coñece aos habitantes de Vilagarcía en toda a ría de Arousa, xa que a principios do século XX, a Armada Inglesa tivo na cidade unha das súas paradas obrigadas, tanto técnicas como para abastecemento.

Os inicios foron difíciles debido á falta de instalacións e de coñecemento do deporte, mais as complicacións foron superadas.

Os primeiros partidos oficiais foron disputados na próxima localidade de Ponte Arnelas por falta de instalacións na cidade. Posteriormente, o Concello cedeulle o uso de instalaciones futbolísticas, coma o campo de Fontecarmoa e algúns partidos en campos como o do Estadio da Lomba ou en Vilaxoán. Dende hai uns anos o club ten instalacións de adestramento e xogo.

Na tempada 2008-09 o equipo acadou o primeiro posto do Grupo A da Primeira División Nacional, mais non o ascenso na liguiña.

Palmarés 350px|miniatura|Os Ingleses gañou a Copa Xunta 2016. Na final bateu por 19-7 ó Pontevedra RC en Monte Porreiro. Os éxitos deportivos máis salientables na historia do club son: Primeira Nacional: 9 participacións (terceiro club galego con máis tempadas en categoría nacional) 1º posto no Grupo A en 2008-09 Liga Galega: 3 títulos Campión en 1996-97, 1997-98, 2013-14 Copa Xunta: 1 título Campión en 2015-16 Traxectoria do club en liga e copa Categoría161514131211100908070605040302010099989796959493929190Div.Honra Div.Honra B 1ª Nacional 3º3º3º1º 4º5º 10º 7º7º 1ª Galega 5º2º1º3º 2º3º 2º 2º3º 1º1º2º3º 7º4º4º2ª Galega 1º|| || || ||bgcolor=ff9999|1º Copa Xunta 1º 2º 2º

Tempada actual

Presidentes Dende a súa fundación en 1988 o club Ingleses tivo oito presidentes: Pablo García, Ju Santórum, Geni Prieto, Martín Vázquez, Chamy Doval, Boli López, Fito Brea e Isabel Fernández.Os Ingleses leerán el pregón de las fiestas de San Roque en Vilagarcía, artigo en La Voz de Galicia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Os Ingleses Rugby Club en Facebook Os Ingleses Rugby Club en Twitter Páxina oficial da Federación Galega de Rugby

Categoría:Deporte en Vilagarcía de Arousa Categoría:Equipos de rugby de Galicia