miniatura|dereita|250px|Vista simulada de Náiade orbitando Neptuno co Sol de fondo na distancia. Náiade (en grego Ναϊάδ-ες), tamén coñecido coma Neptuno III, é o satélite máis interior de Neptuno que recibiría o nome das Náiades da mitoloxía grega.

Descubrimento

Náiade foi descuberta nalgún momento a mediados de setembro do 1989, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2. Foi a última lúa descuberta durante o achegamento da Voyager a Neptuno e foi designada temporalmente coma S/1989 N 6. Este descubrimento foi anunciado o 29 de setembro do 1989 pola Unión Astronómica Internacional na súa Circular No. 4867, pero só se falaba de "25 fotogramas tomados durante 11 días", outorgándolle ó descubrimento unha data algo anterior ó 18 de setembro. Recibiu o seu nome oficial o 16 de setembro do 1991.

Características Náiade é de forma irregular (non esférica) e aparece sen signos aparentes de cambios xeolóxicos. É posible que coma no caso doutros satélites situados entre Tritón e Neptuno, esta lúa sexa algo semellante a unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial.

Náiade orbita a 23.500 kms por riba das cimas das nubes de Neptuno. a súa órbita está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando unha anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa. Posiblemente Náiade orbite Neptuno dentro do rango deste límite, coma se supón que ten unha densidade baixa, o satélite podería xa estar moi preto do límite de Roche.

Problemas en posteriores procuras de Náiade Dende o achegamento da Voyager 2, o sistema de Neptuno foi intensamente estudado polos observatorios terrestres e polo Telescopio Espacial Hubble. En marzo do 2002 o telescopio Keck observou o sistema usando a tecnoloxía da óptica adaptativa e así poder detectar sen moitos problemas os catros satélites interiores máis grandes do sistema de Neptuno. Talasa foi atopada grazas en parte ó procesado das imaxes, pero Náiade non foi localizada.Conferencia "Neptunian Satellites observed with Keck AO system", por F. Marchis, e acompañado por Urata, R.; de Pater, I.; Gibbard, S.; Hammel, H. B.; Berthier, J., (Maio do 2004), editada a conferencia no libro erican Astronomical Society, DDA meeting #35, #07.08; Bulletin of the American Astronomical Society, Vol. 36, pax. 860, consultado o 05-08-2006 O Hubble ten a habilidade de detectar tódolos satélites coñecidos e os posibles novos satélites con máis precisión e fiabilidade cá Voyager 2. Pero Náiade aínda non foi atopada. Isto fai sospeitar que existiron bastantes erros nas efemérides de Náiade.Conferencia "The Rings of Neptune and Uranus in the Hubble Space Telescope" por M. R. Showalter, e acompañado por Lissauer, J. J.; de Pater, I., (agosto do 2005), editada a conferencia no libro American Astronomical Society, DPS meeting #37, #66.09; Bulletin of the American Astronomical Society, Vol. 37, pax. 772, consultado o 05-08-2006 }}

Notas

Véxase tamén Outros artigos Neptuno

Ligazóns externas Naiad Profileby NASA's Solar System Exploration Neptune's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Neptuno