Os Sacri Monti do Piemonte e a Lombardía son grupos de capelas e doutros elementos arquitectónicos realizados entre finais do século XV e finais do século XVII, consagrados a varios aspectos da fe cristiá nas rexións italianas de Piemonte e Lombardía. Ademais do seu significado relixioso simbólico, son tamén dunha grande beleza grazas á hábil integración dos elementos arquitectónicos nas paisaxes naturais rodeadas de outeiros, fragas e lagos. Conteñen tamén obras de arte moi importantes baixo forma de frescos e de estatuas.
Diferentes Sacri Monti Os nove Sacri Monti son:
O Sacro Monte ou Nuova Gerusalemme (Nova Xerusalén) de Varallo Sesia (1486), provincia de Vercelli O Sacro Monte di Santa Maria Assunta, Serralunga de Crea (1589), provincia de Alessandria O Sacro Monte di San Francesco, Orta San Giulio (1590), provincia of Novara O Sacro Monte del Rosario, Varese (1598), provincia de Varese O Sacro Monte della Beata Vergine, Oropa (1617), provincia de Biella O Sacro Monte della Beata Vergine del Soccorso, Ossuccio (1635), provincia de Como O Sacro Monte della SS.Trinità, Ghiffa (1591), provincia de Verbano-Cusio-Ossola O Sacro Monte Calvario, Domodossola (1657), provincia de Verbano-Cusio-Ossola O Sacro Monte di Belmonte, Valperga (1712), provincia de Turín
Véxase tamén Ligazóns externas Os Sacri Monti na web da UNESCO
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Italia Categoría:Piemonte Categoría:Lombardía