Duarte I de Portugal, nado en Viseu o 31 de outubro de 1391 e finado en Tomar o 9 de setembro de 1438, foi rei de Portugal.
Era fillo de Xoán I de Portugal e da súa muller Filipa de Lencastre. Sucedeu a seu pai en 1433.
Foi alcumado O Elocuente, polo verbo empregado nas obras que escribiu, é tamén como O Rei filósofo, e formou parte dos chamados príncipes da "Ínclita Xeración".
Recibiu o seu nome en homenaxe ao avó de súa nai, o rei Eduardo III de Inglaterra.
Reinado Durante o seu reinado, o seu irmán Henrique estableceuse en Sagres, dende onde dirixiu as navegacións: así, en 1434 Gil Eanes dobrou o Cabo Bojador, un punto lendario da época, cuxa travesía causaba terror aos mariñeiros; aí avanzou - para Angra dos Vermellos en 1435, e Afonso Gonçalves Baldaia alcanzou o Río de Ouro e Pedra da Galé en 1436.
Fóra da esfera política, Duarte foi un home interesado en cultura e coñecemento. Escribiu libros de poesía e prosa. Destes últimos destaca o Leal Conselheiro (un ensaio sobre diversos temas onde a moral e relixión teñen especial enfoque) e o Livro da Ensinança de Bem Cavalgar Toda Sela (en forma de manual para cabaleiros). Estaba a preparar unha revisión do código civil portugués cando a peste negra matouno.
Descendencia Da súa esposa, a infanta Lionor de Aragón (1402-1455), tivo nove fillos. A raíña foi rexente do reino ata Afonso V acadar a maioría de idade, o que xerou controversia no reino, pois a opinión pública consideraba os infantes Pedro, Henrique e Xoán máis capaces para a rexencia.
Lionor mantívose como rexente ata 1440, asinando os actos rexios como a triste raíña, e nese ano foi substituída polo infante Pedro e afastada da corte. Exiliouse en España e morreu en Toledo. Deste casamento naceron:
Xoán de Portugal (1429-1433), morreu novo. Filipa de Portugal (1430-1439), morreu novo. Afonso V de Portugal (1432-1481), sucesor do seu pai no trono portugués. María de Portugal (nacida e morta en 1432). Fernando de Portugal, duque de Viseu (1433-1470), pai do rei Manuel I de Portugal. Lionor de Portugal (1434-1467), casou con Frederico III do Sacro Imperio Romano Xermánico. Duarte de Portugal (nado e morto en 1435). Catarina de Portugal (1436-1463). Xoana de Portugal (1439-1475), casou co rei Henrique IV de Castela e foi nai de Xoana de Castela ou A Excelente Señora.
Véxase tamén
Ligazóns externas Chronica de El-Rei D. Duarte, Rui de Pina (1440-1522), Porto: Renascença Portuguesa, 1914, na Biblioteca Nacional Digital .
Duarte Categoría:Cabaleiros da Orde da Xarreteira Categoría:Dinastía de Avis Categoría:Nados en 1391 Categoría:Finados en 1438