300px|miniatura|Vista de Vilassar de Mar. Vilassar de Mar é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Pertencente á comarca do Maresme, está situado a 5 km de Mataró e a 24 km de Barcelona. Ata os anos 80 chamábase San Juan de Vilasar.

Tradicionalmente era unha vila de pescadores. Moitos probaron fortuna nas Américas, sobre todo en Cuba, desde onde saían embarcacións desde o porto. Vilassar de Mar era moi famosa pola súa escola de Naútica. Algúns volveron con grandes fortunas e construíronse casas moi características.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010 2.953 3.655 3.8755.7369.48017.00019.574

Lugares de interese Vilassar de Mar é moi coñecida tamén polo seu Mercado da Flor e a Planta, e as súas plantacións de rosas. Outros lugares de interese son o Museu Monjó, Museu de la Marina, o "Carrer Mort" e o Museo de la Mina Vella. Antes tamén se podía visitar o Parc de les Aus (parque con numerosas especies de aves).

Localidades irmandadas Daimiel, Cidade Real

Galería de imaxes

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello Información do Institut d'Estadística de Catalunya