Francisco Xavier Frías Conde, nado en Béjar (Salamanca) en 1965, é un escritor en galego e castelán, e investigador de filoloxía románica e árabe.

Traxectoria Viviu en Madrid dende 1974 até 2008. En 2011 residía na Mancha. A súa familia é da Terra Eo-Navia e el é un estudoso da situación do galego exterior, especialmente do galego falado no occidente de Asturias.

Doutor en Filoloxía Románica, licenciado en Filoloxía Inglesa e diplomado en Ciencias da Educación. Traballou no ensino primario e secundario desde 1988 até o 2000. Dirixiu o suplemento cultural da desaparecida Mesa pola Defensa do Galego de Asturias, O Espello. Compaxina a súa actividade docente na UNED, onde dá aulas de galego e portugués, coa tradución. Cofundou a editora Lastura en 2012. É profesor de filoloxía galego-portuguesa na UNED.

Ocúpase da bitácora de contos en galego e portugués O reino dos contos.Oreinodoscontos.com

Obra en galego Poesía Onte foi cabalo de sinza, 1992, MDGA-Ámbitu (poemario en galego de Asturias). Azul e terra, 2000, Río Xuvia (Madrid). Canto de Nedara, 2001, Arte Tripharia (poemario en galego e portugués). Marés na beirarrúa, 2002, Edições Tema. A cor da melancolía, 2003, El Taller del Poeta. Os ollos da terra, 2004 (poemario bilingüe galego-sardo). Fique tranquilo, 2009, El Taller del Poeta. Flutuando, 2013, A Porta Verde do Sétimo Andar. Manual de saudades, 2014, Lastura.

Narrativa Contos e cantigas eonaviegos, 2000, VTP Editorial (Xixón). O pai do artista, 2004, Biblos Clube de Lectores. Inmolación Esférica, 2007, El Taller del Poeta. Tranquilo que non morde, 2008. A aldea, 2012, Urco editora.

Literatura infanto-xuvenil O xabaril que quería engalar, 1991, Ámbitu (Oviedo) (relatos en galego de Asturias). Chavanet, o gnome aprendiz de tenor, 1994, Bruño. Lucía, 1994, Xerais. A luva máxica, 1994, Xerais. A vaca Maruxa esquía en Valbabuxa, 1997, Edebé-Rodeira. Foi traducida ao catalán —tamén en braille— e ao castelán —tamén en braille—. A Odisea de Pere Xil, 2001, VTP Editorial. Terra á vista. El burato de Andrés, el cempés, 2002, VTP Editorial (teatro infantil en galego de Asturias). Os anxos de Amalia, 2005, Edebé-Rodeira. Traducida ao castelán O caso máis estraño do detective Marschen, 2012, Galaxia. As aventuras de Enrico Müller, 2014, Edebé-Rodeira. Dadá, o amigo invisíbel, 2016, Galaxia.

Ensaio O galego exterior ás fronteiras administrativas, 1999, VTP Editorial. Resumo de gramática eonaviega, 2001, MDGA. A literatura eonaviega contemporánea (notas sobre literatura galega de Asturias), 2003, MDGA (Xixón). Compendio de gramática galega, 2010, El Taller del Poeta. Segunda edición no 2013 en Urco editora. Compendio de sintaxe galega, 2010, Romania Minor. Introdución á sintagmática do galego, 2011, Romania Minor. Compendio de Gramática Galega, 2014, Niké. Prontuário de Gramática Galega (Norma Reintegrada), 2016, Ianua.

Teatro

A cabana das valquirias e outras pezas (2023). Noia: Toxosoutos. 66 páxs. ISBN 978-84-125915-5-2. Traducións No País da Brétema. Antoloxía de poesía galesa contemporánea, 2004, VTP Editorial (antoloxía galés-galego). Unha escuma de voz, de Fabio Scotto, 2005, Espiral Maior. Edición bilingüe italiano-galego. Atlantopia: breve antoloxía de poesía canaria contemporánea, 2009, El Taller del Poeta (Pontevedra).

Obras colectivas Carreiros: mostra de poesía da Terra Eo-Navia en lingua galega, 1998, Río Xuvia (Madrid). Con Adela Conde e Crisanto Veiguela. Comercial. Poesía galega en Madrid, 1998, Río Xuvia. O espírito da palabra: textos das III e IV edicións do Seminario Internacional de Traducción de Rianxo Auliga (2002-2003), 2004, Espiral Maior. Coeditor con Antonio Domínguez Rey. Historia de Carpatín, o monstro comexiz, en Contos sen fronteiras, 2007, Xunta de Galicia. Con Eva Mejuto e Antonio Yáñez Casal. Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2012, Amargord. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Filografias, 2013, Lastura. Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2014, Amargord. Fisterras, 2015, Lastura. Língua de resiliência, 2016, Ianua.

Premios en galego Finalista do XXI Premio Edebé de Literatura para a Infancia no 2013, por As aventuras de Enrico Müller, cazador de dragóns. Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º de Primaria en 2016, por As aventuras de Enrico Müller.

Obra en portugués Poesía Azul memória, 2013, Lastura.

Teatro Axarquia, 2001, Arte Tripharia (Madrid).

Obra en asturiano Poesía Pelegrín d'esencies, 1994. Notes de fráxil planeta, 2001.

Narrativa Les esperances d'Abu el-Hol, 1993 (traducida en 1997 ao galego como As esperanzas de Abu el-Hol, publicada en Espiral Maior). La fía del pescador, 1994. El nome de la cosa, 1996. Anivel, l'alcontrador, 1998.

Literatura infanto-xuvenil Entrugái-ylo al Chisgu, 1994. Xentecuentos, 2000. Coses de bruxes, 2003, VTP Editorial. La profa durmiente, 2007. Y foron felices, 2011.

Ensaio Notes de Llingüística Asturlleonesa (Asturiano y Mirandés), 2001.

Traducións Nel País de la Borrina. Antoloxía de poesía galesa contemporánea, 2004 (galés-asturiano).

Premios en asturiano Accésit do I Premio Asturnews de Literatura Infantil en Asturiano no 2007, por Llectures de Barriga.

Obra en castelán Poesía Café de saudades, 2010. De tu sabor, 2010, El Taller del Poeta. El lápiz del fin del mundo, 2013, Lastura.

Narrativa La mascota de doña Silvia y otros cuentos, 2009, El Taller del Poeta. Una cerveza para Kafka, 2013.

Literatura infanto-xuvenil El caimán azul, 2011.

Ensaio Que tal si escribimos juntos: la literatura escolar, 2004, CCS (Madrid). Con Felisa Romanillos.

Traducións Cuentos checos, 2007. Vitalis, Praga. Cuentos austriacos, 2009. Vitalis, Praga.

Obra en catalán Obras colectivas Verba et terra, 2005, El Taller del Poeta. Con Andreu Bauçà i Sastre e Teresa Colom. Textos en catalán e checo. Introducció a la sintagmàtica del català, 2011, Romania Minor. Con Andreu Bauçà i Sastre.

Obra en italiano Literatura infanto-xuvenil Il divoratore di libri, 2012. Urlone, l'orso sbraitone, 2012.

Obra en sardo Ensaio Ischemas de limba sarda, 2011, El Taller del Poeta.

Narrativa Istòrias de Biddacarla e àteros contos, 2008, El Taller del Poeta.

Poesía Sos ogros de sa terra. Os ollos da terra, 2004, El Taller del Poeta (edición bilingüe sardo-galego).

Obra en inglés Literatura infanto-xuvenil Something better than reality, 2009, El Taller del Poeta.

Varias linguas Poesía Pomalé More, 2005, El Taller del Poeta. Città-Cidades-Ciudades, 2010, El Taller del Poeta.

Traducións Bentu de Terra Manna, 2004. Antoloxía de poesía feminina trilingüe: sardo-español-inglés.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina persoal de Xavier Frías Conde Perfil en As escollas electivas

Categoría:Escritores de Asturias en lingua galega Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua asturiana Categoría:Escritores de Castela e León Categoría:Tradutores de España Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Béjar Categoría:Escritores en lingua sarda Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes