A libra exipcia (en árabe: الجنيه المصرى, el-Ginaih el-Miṣrī) é a moeda legal de Exipto. A libra divídese en 100 piastras (قرش qirsh), ou 1.000 milliemes (مليم mallim). O código ISO 4217 para a libra exipcia é EGP. Localmente emprégase a abreviatura LE ou L.E., que significa en francés, livre égyptienne. O nome en árabe exipcio, ginaih, pode ser relacionado ao nome inglés, guinea.

Historia En 1834, un decreto real promulga un proxecto de lei parlamentario que foi publicado para prever a aplicación dunha moeda exipcia baseada nunha base bimetálica. A libra exipcia foi introducida, substituíndo así a piastra exipcia como unidade monetaria. A piastra continuou en circulación como 1/100 parte dunha libra, coa piastra subdividida en 40 para. En 1885, a para deixou de circular e a piastra foi dividida en décimos. Estes décimos foron renomeados como malleem (milliemes) no 1916. As taxas de cambio legais foron fixadas por forza de lei para moedas importantes estranxeiras, e estes foron aceptados para as transaccións internas. Eventualmente isto levou a Exipto a usar "de facto" o estándar de ouro entre 1885 e 1914, co cambio de 1 libra exipcia = 7.4375g de ouro puro. Co estalido da primeira guerra mundial, a libra exipcia quedou igualada á libra esterlina 1 a 1.

Moedas miniatura|dereita|100px|Moeda de 1 libra coa efixie de Tutankhamon. Entre 1834 e 1836, as moedas de cobre de 1 e 5 para, as de prata de 10 e 20 para e 1, 5, 10 e 20 piastras, as de ouro de 5, 10 e 20 piastras e a moeda de 1 libra, foron introducidas coas moedas de ouro de 50 piastras en 1839. As moedas de cobre de 10 para foron introducidas en 1853, aínda que a de prata seguiu en circulación. As moedas de cobre de 10 para foron reintroducidas en 1862, seguidas das de 4 para e 2½ piastras (tamén de cobre) en 1863. A moeda de 25 piastras de ouro foi introducida no 1867.

En 1885, un novo sistema foi introducido consistente en ¼, ½, 1, 2 e 5 millieme de bronce e as 1, 2, 5, 10 e 20 piastras de prata. As moedas de ouro practicamente desapareceron, aínda que as de 5 e 10 piastras seguiron en uso.

Logo de varios cambios máis nos materiais e as moedas, o 1 de xuño de 2006, as moedas de 50 piastras e 1 libra foron introducidas cun equivalente en billete. As moedas levan as caras de Cleopatra VII e Tutankhamon, e a moeda dunha libra é bimetálica.

Billetes miniatura|290px|Billete actual de 1 Libra. Na actualidade, hai dúas entidades emisoras distintas, o Banco Central de Exipto e o Goberno do País. Ambas as emisións teñen carácter oficial e son de libre circulación.

O Banco Central de Exipto emite billetes de: £1. £5. £10. £20. £50. £100. £200.

Mentres que o Goberno só emite billetes de baixa denominación: 5, 10, 25 e 50 piastras.

Todos os billetes exipcios son bilingües, con textos e números en árabe no anverso e en inglés e números indo-árabes no reverso. No anverso obsérvanse imaxes de edificios islámicos mentres que no reverso imaxes de edificios do Antigo Exipto.

Véxase tamén Ligazóns externas Historia do ginaih exipcio Billetes de Exipto

Categoría:Exipto Exipto Categoría:ISO 4217