Poncho Sánchez, nado o 30 de outubro de 1951, é un músico de jazz latino, intérprete de conga e cantante de salsa nado nos Estados Unidos e de ascendencia mexicana.
Traxectoria Fillo de mexicanos, o seu pai é de Xalisco e a súa nai de Nuevo León, é o menor de once fillos e quinto home. De formación autodidacta, é considerado como un dos máis grandes percusionistas de Jazz latino. Criouse en Norwalk, California, iniciándose na música dende cativo tocando a guitarra, a frauta, a batería e mais os timbais. Posteriormente interesouse polo canto até descubrir a súa verdadeira paixón, que son as congas.
No ano 2000, Sánchez e o seu conxunto levaron o Premio Grammy ao Mellor Álbum de Jazz latino polo seu traballo para o selo Concord Picante, o álbum Latin Soul. Sanchez ten actuado canda artistas de California como Tjader, Mongo Santamaría, Hugh Masakela, Clare Fischer ou Tower of Power, entre outros.Allmusic
Discografía Sonando - 1982 Baila Mi Gente: Salsa! - 1982 Bien Sabroso - 1983 El Conguero - 1985 Papa Gato - 1986 Gaviota - 1986 Fuerte - 1987 La Familia - 1988 Chile Con Soul - 1989 A Night At Kimball's East - 1990 Bailar - 1990 Cambios - 1990 El Mejor - 1992 Para Todos - 1993 Soul Sauce - 1995 Conga Blue - 1995 Freedom Sound - 1997 Afro-Cuban Fantasy - 1998 Latin Soul - 1999 Poncho Sanchez - The Concord Jazz Heritage Series - 2000 Soul of the Conga - 2000 Latin Spirits - 2001 Ultimate Latin Dance Party - 2002 Instant Party: Poncho Sanchez - 2004 Poncho at Montreux - 2004 Out of Sight! - 2004 Do It! - 2005 Raise Your Hand - 2007
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Official Website Poncho Sanchez Poncho Sánchez en Whole Wheat Radio.
Categoría:Personalidades da salsa