O Ards RFC (Ards Rugby Football Club) é un club de rugby da cidade de Newtownards (Irlanda do Norte). Está afiliado á sección (branch) do Ulster da Irish Rugby Football Union. Ten cinco equipos de adultos e un equipo sub-20. Na base ten equipos sub-18, sub-16 e sub-14. O primeiro equipo xoga na 3ª División da liga irlandesa, ademais de xogar na Ulster Senior League e na Ulster Senior Cup.

Historia

O Ards RFC foi fundado o 11 de abril de 1928. O seu primeiro partido xogouse o 13 de outubro de 1928. Xogou durante boa parte dos seus inicios nas ligas júnior do Ulster.

O equipo sénior

Na tempada 1977-1978, o Ards acadou a categoría sénior ao ser elixidos para a Ulster Senior League.

Palmarés

Ulster Senior Cup (2 campionatos) 1984-85, 1986-87. Ulster Senior League (1 campionato) 1983-84. Ulster Junior Cup (1 campionato) 1976-77. Ulster Towns Cup (2 campionatos) 1961-62, 2002-03. Ulster U18 CE Bowman Cup (1 campionato) 2007-08

Xogadores importantes

Paddy Mayne, Éire e British and Irish Lions W.H.J. Millar, Éire Nigel Carr, Éire e British and Irish Lions Philip Matthews, Éire Kenny Hooks, Éire Brian McLaughlin, adestrador de Éire

Véxase tamén Ligazóns externas Ards RFC website Federación irlandesa de rugby

Ards Categoría:Equipos de rugby de Irlanda do Norte