miniatura|220px|dereita|Carlos Francisco de Croix Capitán Xeneral de Galicia e vicerrei de Nova España Carlos Francisco de Croix, nado en Lille en 1699 e finado en Valencia en 1786, marqués de Croix, foi un militar e político ao servizo do Reino de España.

Traxectoria Serviu aos reis Filipe V, Fernando VI e Carlos III. Chegou a ostentar os cargos de Capitán Xeneral de Andalucía, Capitán Xeneral de Galicia (xuño de 1756 - setembro de 1766), vicerrei de Nova España (25 de agosto de 1766 - 22 de setembro de 1771) e, finalmente, Capitán Xeneral de Valencia entre 1777 e 1786.

En Galicia dedicou boa parte dos seus esforzos a obras públicas e a mellora das infraestruturas, en particular da rede viaria. En Nova España tocoulle superar segundo algúns historiadores unha das etapas «máis convulsas» do vicerreinado ao longo do século XVIII, nunha época de clara decadencia económica, aínda que a súa actuación como administrador foi ben considerada. Durante o seu mandato en México ocupouse da expulsión dos xesuítas –de forma expeditiva e sen moitas contemplacións, segundo algúns autores–, combater tribos indias sublevadas en Sonora e Sinaloa, así como de impulsar as obras do desaugadoiro de Huehuetoca. Volvería a España pobre e con débedas. A súa herdeira foi Fernanda de Croix e Vergel

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Capitáns Xenerais de Galicia Categoría:Nados en 1699 Categoría:Finados en 1786 Categoría:Nados en Lille Categoría:Nobres de España Categoría:Vicerreis de Nova España