Xosé Ramón Gómez Besteiro, nado en Lugo o 15 de novembro de 1967, é un avogado e político do Partido dos Socialistas de Galicia. Foi o presidente da Deputación de Lugo dende 2007 ata 2015. En 2024 foi proclamado candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia para as eleccións ao Parlamento de Galicia.

Traxectoria Xosé Ramón Gómez Besteiro é o menor de tres irmáns. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado ata o comezo da súa carreira política. Ten dous fillos.

Carreira política

Desenvolveu toda a súa carreira política no PSdeG-PSOE, partido ao que se afiliou tras rematar os estudos universitarios. Con 31 anos, cando estaba a exercer a súa profesión de avogado, entrou a formar parte do 1.º Goberno do PSdeG-PSOE na historia democrática da cidade luguesa, con Xosé López Orozco á fronte.

Entre 1999 e 2007 foi o voceiro do equipo de goberno no Concello de Lugo, concelleiro de Urbanismo e tamén deputado provincial. En 2000 asumiu a Secretaría Xeral da Agrupación Local do PSdeG en Lugo.

Tras as eleccións municipais de 2007, o 14 de xulloLa Voz de Galicia: "Lugo, única Diputación que cambia de manos" () La Voz de Galicia., Gómez Besteiro convertíase no primeiro militante do Partido Socialista en Galicia que presidía a Deputación de Lugo, sendo o número 102Juan Carlos Fernández Pulpeiro: Presidentes de la Diputación de Lugo en toda su historia. En Lucensia, , Vol. 17, núm. 34, 2007 , páxs. 79-98. da historia da institución provincial. Algúns dos aspectos máis significativos durante o seu primeiro mandato son o pagamento do canon hidroeléctrico, a creación da UNED na capital,"Diputación, Concello y Uned constituyen el consorcio que gestionará el centro asociado de Lugo" (). El Progreso. a posta en marcha da rede provincial dos parques de bombeirosWeb do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo ou a elaboración dun plan estratéxico provincial. Tamén puxo en marcha a rede provincial de residencias da terceira idade e centros de día e o primeiro centro público de recría de gando para o noroeste de España.

Nas eleccións municipais de España de 2011, Gómez Besteiro revalidou o apoio da cidadanía. Converteuse entón no único presidente do PSdeG-PSOE en presidir unha deputación en Galicia,"El PP recupera la Diputación de A Coruña y retiene las de Pontevedra y Ourense" (. La Opinión de A Coruña. e o único caso en toda España en que este partido gañou tanto o goberno provincial como o da capital.Ricardo Varela: "Somos la única provincia donde se gobierna en la Diputación y en la capital" El Mundo, 2/3/2012 Presidiu, ademais, un dos oito gobernos provinciais liderados polo Partido Socialista en España.

En febreiro de 2012, Gómez Besteiro entrou a formar parte do Comité Federal do Partido Socialista. Ese mesmo ano, tras pechar a súa etapa á fronte da Secretaría Xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE, foi nomeado Secretario Xeral do PSOE na provincia de Lugo,José Ramón Gómez Besteiro, nuevo secretario provincial del PSdeG de Lugo: "Recuperar la Xunta es el objetivo inmediato" cargo que ocupou ata o 26 de outubro de 2013 cando foi relevado por Juan Carlos González Santín."Santín, proclamado nuevo secretario xeral del PSOE de Lugo" (), Europa Press.

O 13 de marzo de 2013 anunciou a súa intención de optar á Secretaría Xeral do PSdeGBesteiro anuncia su candidatura a secretario xeral, Faro de Vigo, 3/3/2013 . Presentouse ás eleccións primarias consultivas do 7 de setembro fronte ao alcalde da Illa de Arousa, Manel Vázquez, e obtivo o 77% dos votos, sendo ratificado o seu nomeamento no Congreso extraordinario do 29 de setembro de 2013.Besteiro proclama que «o PSdeG volve» para pelear por la Xunta, La Voz de Galicia, 29/9/2013 Co 95 % dos votos, foi proclamado novo secretario xeral do PSdeG-PSOE.

O 12 de marzo de 2016 anunciou a súa renuncia a ser o candidato do PSdeG-PSOE á Xunta de Galicia, logo de ser imputado pola xuíza Pilar de Lara como presunto autor de 6 delitos. Os delitos que se lle imputaban eran suborno, prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás Administracións públicas, fraude de subvencións e delito continuado de malversación de fondos públicos. O 18 de marzo dimitiu da secretaría xeral do PSdeG-PSOE pola mesma causa. Finalmente, a causa que o levou a dimitir (coñecida como o "Garañón"), sería arquivada en febreiro de 2021.

Logo de arquivada a causa, comezou o seu regreso á vida política, e en marzo de 2023 foi designado polo goberno de Pedro Sánchez como máximo responsable da Delegación do Goberno en Galicia. Os xornais especulaban daquela con que o posto sería un primeiro paso para a súa candidatura á presidencia da Xunta de Galicia.

En xuño do 2023 deixou o cargo de Delegado do Goberno en Galicia para encabezar a lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo ao Congreso dos Deputados, nas Eleccións Xerais do 23 de xullo. O 17 de agosto do 2023, tomou posesión como deputado no Congreso. O 19 de setembro, Gómez Besteiro xunto con Marta Lois de Sumar e Néstor Rego do BNG convertéronse oficialmenteForon os primeiros en falar galego de forma íntegra e sen ser interrompidos pola Presidencia do Congreso polo acordo de reforma do regulamento, votado dous días despois, o xoves 21. Noutras ocasións houbo no outras intervencións en galego, breves ou interrompidas. nos primeiros parlamentarios en falar en galego no Congreso en Madrid.

O 9 de outubro de 2023 anunciou que concorrería ao proceso de primarias do PSdeG para a elección do candidato á Presidencia da Xunta de Galicia. Finalmente, o 18 de outubro, foi proclamado candidato tras ser o único aspirante que logrou reunir os avais necesarios"Besteiro será el candidato del PSdeG a la Presidencia de la Xunta sin necesidad de primarias".

Cargos desempeñados Concelleiro do Concello de Lugo (1999–2015). Deputado provincial (1999–2015). Concelleiro de Urbanismo do Concello de Lugo (1999–2007). Secretario Local do PSOE en Lugo (2000–2012). Presidente da Deputación Provincial de Lugo (2007–2015). Secretario provincial do PSOE de Lugo (2012–2013). Secretario Xeral do PSdeG-PSOE (dende o 29 de setembro de 2013 ata o 18 de marzo de 2016). Delegado do Goberno en Galicia (dende marzo de 2023 ata xuño de 2023). Deputado no Congreso (2023-actualidade).

Recoñecementos

O campo de fútbol da Fonsagrada leva o seu nome.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Deputación Provincial de Lugo en Internet Archive.

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura) Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Delegados do goberno en Galicia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE