A provincia de Diala (en , "muḥāfaẓah Diyālā") é unha provincia de Iraq. Atópase ao nordeste de Bagdad até a fronteira con Irán, a súa capital é Baquba.
Diyala espállase ao longo dunha área de 17.685 km², e segundo datos do 2003, nela viven uns 1.271.000 habitantes, na súa maioría árabes sunitas e kurdos. O río Diala, un afluente importante do Tigris, achega auga a gran parte da provincia.
A provincia de Diala divídese en seis distritos: Al-Khalis. Al-Muqdadia. Baquba. Baladrus. Khanaqin. Kifri.
Categoría:Provincias de Iraq