A primeira batalla do Aisne foi unha batalla da primeira guerra mundial encadrada no contexto da Carreira cara ao mar. Produciuse en Francia, na ribeira do río Aisne entre o 13 e o 28 de setembro de 1914. As tropas francesas decidiron atacar neste punto ao I e II Exército Alemán, que se retiraban tras a derrota na Primeira Batalla do Marne.

Ao longo do río, os alemáns estableceron varios puntos defensivos, con postos de artillaría e metralladoras. As tropas expedicionarias británicas cruzaron o río empregando pontóns e pontes medio destruídas. Os exércitos franceses atacaron en varios puntos pero non conseguiron resultados significativos. A partir de entón sucedéronse varias ofensivas co mesmo resultado, iniciando unha guerra de trincheiras que caracterizaría a primeira guerra mundial.

Categoría:Batallas da primeira guerra mundial Categoría:1914 Categoría:Batallas do século XX