Bianca é un satélite interior de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 o 23 de xaneiro do 1986 e recibiu a designación temporal de S/1986 U 9. Recibiría máis tarde o nome da irmá de Katherine na obra de Shakespeare, The Taming of the Shrew. Foi bautizada polos seus descubridores como Peaseblossom, unha fada da obra de Shakespeare, A Midsummer Night's Dream, pero como a nomenclatura estaba en conflito entre os Estados Unidos e a Unión Soviética, o nome de Bianca foi escollido discretamente pola Unión Astronómica Internacional uns anos despois do descubrimento da lúa. Tamén é coñecida coma Urano VIII..

Bianca pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Belinda, Crésida, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita. Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes. Por desgraza, a parte da súa órbita, o seu raio de 27 km e ó seu albedo xeométrico de 0,08, pouco máis se sabe deste astro.

As imaxes da Voyager 2 amosan a Bianca coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Bianca é de 0,7 ± 0,2, o que lle outorga unha forma elipsoidal. A súa superficie é de cor gris.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Urano

Ligazóns externas Bianca Profileby NASA's Solar System Exploration Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Urano