AzulOscuroCasiNegro é un filme dirixido e escrito por Daniel Sánchez Arévalo. Estreouse no 2006 no Festival de Málaga.

Argumento Jorge (Quim Gutiérrez) é un mozo que traballa como porteiro dun edificio para soster o seu pai, Andrés (Héctor Colomé), quen ficou inválido tras sufrir un infarto cerebral sete anos atrás. Jorge aspira a poder traballar nun posto acorde aos seus estudos (é licenciado en Ciencias Empresariais). Mentres, seu irmán Antonio (Antonio de la Torre), no cárcere, pídelle que deixe embarazada unha reclusa chamada Paula (Marta Etura), que quere ser trasladada ao módulo de maternidade e librarse así das agresións que sofre a diario.

Mentres tanto, o mellor amigo de Jorge, Sean (Raúl Arévalo), descobre a homosexualidade do seu pai e asume a súa propia.

Galardóns Festival de Málaga: Premio da Crítica, Mellor Guión.

Goya 2006 Categoría Persoa ResultadoMellor actrizMarta EturaCandidataMellor actor secundarioAntonio de la TorreGañadorMellor actor revelaciónQuim GutiérrezGañadorMellor guión orixinalDaniel Sánchez ArévaloCandidatoMellor director novelDaniel Sánchez ArévaloGañadorMellor canción orixinalAlba GárateCandidato

Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes dirixidos por Daniel Sánchez Arévalo Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España