A Fórmula 1 ou Fórmula Un, referida ás veces na escrita como F1, é un deporte automobilístico en que compiten pilotos profesionais en monoprazas open-wheel, pertencentes a diferentes escuderías, en circuítos situados por todo o mundo. Desde 1950 e cunha periodicidade anual dispútase o Campionato Mundial de Fórmula 1, composto por un número variable de eventos por tempada, chamados Grand Prix ou Grandes Premios (abreviados GP). Ao remate dun Campionato Mundial outórganse dous títulos, o Campionato Mundial de Pilotos, e o Campionato Mundial de Construtores, estando as súas clasificacións determinadas pola suma dos puntos conseguidos segundo a posición acadada ó rematar cada Grand Prix.

A categoría está organizada, supervisada e rexida pola Federación Internacional do Automóbil (FIA), que está presidida polo ex-director executivo da Scuderia Ferrari Jean Todt, estando os dereitos comerciais da competición en mans de Bernie Ecclestone a través dunha rede de holdings e empresas varias. Ecclestone é considerado como o principal promotor e director do deporte.

O "fórmula" do nome refírese a unha serie de normas e regulacións que tódalas escuderías deben cumprir para poderen participar, mentres que o 1 sinala que está competición é vista como a máxima categoría do automobilismo e de feito, moitas veces chámaselle "a categoría raíña".

A orixe do nome "Fórmula 1"

Historia

As raíces (1894 - 1946) miniatura|Barney Oldfield a bordo do seu monopraza durante unha carreira no circuíto de Lakeside en 1907. As raíces da Fórmula 1 remóntanse até 1894, cando ten lugar en Francia unha proba de fiabilidade con saída en París e chegada en Ruán, que sería a primeira competición automobilística da historiaHUTTON, RAY (2004) "When the car was young" en HUTTON, RAY: FIA Centenary Book, Capítulo 2, pp. 12-17. MRP Publishing Ltd., Inglaterra. ISBN 1-899870-75-X., mais, oficialmente, a primeira carreira foi unha París-Bordeos-París disputada en 1895. Estas probas pioneiras foron seguidas en pouco tempo por competicións en toda Europa, xeralmente organizadas por clubs automobilísticos.

En 1901 disputouse a primeira proba que incluía "Gran Premio" no seu nome, o Gran Premio de Pau de 1901. Porén, esa denominación para as carreiras automobilísticas non tivo un uso estendido até 1906, cando o Automobile Club de France (ACF) organizou o primeiro Gran Premio do ACF, que aínda se disputa de xeito regular nos nosos días baixo o nome de Gran Premio de Francia. Del saíu vitorioso o húngaro Ferenc Szisz co seu Renault. Mais o termo non saíu das fronteiras de Francia até 1921, ano no que se convoca o primeiro Gran Premio de Italia, e en 1925 o nome xa estaba totalmente estendido coas convocatorias do primeiro Gran Premio de Bélxica e en España o Gran Premio de San Sebastián.

Xa en 1900 xurdiu a primeira tentativa de organizar unha gran proba internacional que cristalizaría na Gordon Bennett Cup, mais até 1904 non existía unha estrutura organizativa fóra dos propios clubs automobilísticos. Nese ano, nace a Association Internacionale des Automobiles Clubs Reconnus (AIACR), que agrupou a estes clubs baixo un organigrama superior común co fin de harmonizar e categorizar a competición automobilística. Porén, en 1922 a AIACR delegou as súas funcións como máximo organismo do automobilismo á Commission Sportive Internationale (CSI), que foi coñecida máis tarde como Fédération Internationale du Sport Automobile (FISA). Desaparecida en 1993 tras unha reestruturación da FIA, encargouse no seus comezos de dotar os Grandes Premios dunha regulación común, sendo esta abandonada polo que se coñeceu como Fórmula Libre, onde cada organizador decidía as limitacións dos participantes.

Trala segunda guerra mundial, a AIACR non puido reorganizarse até 1947, cando mudou o seu nome polo de Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Mais xa en 1946 a CSI redactara unhas normas e regulacións novas, que deron lugar ó que nun primeiro momento se coñeceu como Fórmula A; e que logo cambiou o seu nome polo de Fórmula 1, que xa era amplamente utilizado, no ano de inauguración da categoría: 1950.

Establecemento da categoría (1946 - ) En 1945, inmediatamente despois da segunda guerra mundial, había só catro carreiras. Antes da segunda guerra mundial estabelecéranse as regras para as competicións de Gran Premio que debían obedecer tanto coches como pilotos. Estas regras, coñecidas como fórmula non se materializaron ata que en 1947, a antiga AIACR reorganizouse, pasándose a chamar Federación Internacional de Automobilismo, coñecida pola sigla "FIA". Con sede en París, ao final da tempada de 1949 anunciou que en 1950 se unirían varios Grandes Premios nacionais para crear un Campionato Mundial de Pilotos, de xeito que o primeiro campionato de Fórmula 1 disputouse en . Por razóns económicas, os anos de e aínda disputáronse con coches de Fórmula 2 e o calendario continuou a incluír varias carreiras fóra de campionato que non eran consideradas Grandes Premios ata 1983. Estableceuse un sistema de puntuación e recoñecéronse un total de sete carreiras como puntuables para o Campionato do Mundo.

Os anos de asentamento ( - ) miniatura|Juan Manuel Fangio nun Mercedes W196 de 1954. O primeiro Campionato Mundial de Fórmula 1 foi o de , sendo o Gran Premio do Reino Unido, o 13 de maio no Circuíto de Silverstone, o que tivo a honra de inaugura-la competición. Nese ano, e tras sete carreiras disputadas, o italiano Giuseppe Farina, cun Alfa Romeo, foi o primeiro gañador do Campionato, rematando só a tres puntos de distancia do seu compañeiro na escudería, o arxentino Juan Manuel Fangio. Mais o arxentino sería quen de gañar 5 títulos nos 7 anos vindeiros, sendo a súa xeira interrompida unicamente por Alberto Ascari en e , converténdose dese xeito no grande dominador da primeira década da Fórmula 1.

En canto ás escuderías, en produciuse unha crise de monoprazas dispoñíbeis que duraría un bienio, tendo que introducir as regulacións de Fórmula 2 para reencher a grella de saída. Mais este período de incerteza superouse satisfactoriamente e en foi introducido o Campionato Mundial de Construtores, sendo Vanwall á primeira escudería laureada. Porén, aínda que Vanwall era unha escudería privada, este período realmente foi dominado polos grandes fabricantes da época: Ferrari, Maserati, Mercedes-Benz, que se retirou de tódalas competicións automobilísticas en por mor do accidente de Le Mans; e Alfa Romeo. Aínda que nos comezos da Fórmula 1 utilizábanse automóbiles de preguerra, como o Alfa Romeo 158, trala crise, comezou a innovación tecnolóxica que caracteriza á categoría durante moitos anos, coa construción do Mercedes-Benz W196 que xa utilizaba válvulas desmodrómicas e inxección de fuel.

Nesta época, os accidentes mortais nos circuítos eran frecuentes, morrendo 13 pilotos á bordo dun monopraza en carreiras, adestramentos libres e tests. O problema da seguridade dos pilotos era, e aínda segue a ser, recorrente nas redacción das normas e regulamentos da Fórmula 1, que xa en fixeron obrigatorio o uso do casco.

Os "garaxistas" (- ) miniatura|Emerson Fittipaldi conducindo un Lotus 72 no Gran Premio de Alemaña de 1971. En prodúcese o primeiro cambio importante na configuración estrutural dos monoprazas, cando Cooper comeza a colocar os seus motores na parte media do automóbil. Este deseño mostrouse eficaz cando en , Jack Brabham conseguiu o título de pilotos cun monopraza con esta característica, repetindo en . Para , tódolos coches xa adaptaran este troco.

Mais foi Lotus, escudería británica que comezou na categoría en da man de Colin Chapman, quen revolucionou a Fórmula 1 na década dos 60 e a finais dos 70. Innovacións tecnolóxicas como a introdución do monocasco de aluminio en e o uso do efecto chan a finais da década seguinte déronlle vantaxes no terreo deportivo no momento da súa introdución, mentres que innovacións financeiras como o primeiro contrato de patrocinio da historia da categoría, con Imperial Tobacco en , outorgáronlle vantaxes orzamentarias. Todos estes avances non tardarían en ser imitados polos seus competidores. Dos anos 60 data tamén a aparición dos primeiros aleróns, e dende aquela a aerodinámica tomou unha importancia que non perdeu até a actualidade.

Mais a pesar do que poida semellar, neste tempo non houbo unha escudería que dominara claramente a Fórmula 1, senón que o que realmente se impuxo foi unha nova filosofía de traballo, á que Enzo Ferrari denominou como "garaxista". Estes garaxistas eran entusiastas da Fórmula 1 que menosprezaban a construción de monoprazas nas grandes fábricas, preferindo os seus pequenos garaxes. Preeminentemente británicos e da Commonwealth, entre Jim Clark, Jackie Stewart, John Surtees, Jack Brabham, Graham Hill e Denny Hulme gañaron doce Campionatos dende 1962 até 1973.

En 1979 a CIS mudou o seu nome polo de Fédération Internationale du Sport Automobile (FISA), e unhas declaracións do presidente desta, Jean Marie Balestre, atacando á Asociación de Construtores de Fórmula Un encabezada por Bernie Ecclestone, deu lugar á guerra entrámbolos dous organismos por mor da repartición dos dereitos de televisión e polas regulacións técnicas.

A Fórmula 1 como negocio ( - ) miniatura|Ayrton Senna a bordo do McLaren MP4/4 no Gran Premio do Canadá de 1988. Esta disputa entre a FISA e a FOCA remataba en 1981 co asinamento do primeiro Acordo da Concordia. Este Pacto é un contrato subscrito pola Formula One Management (FOM) e o conxunto das escuderías que asegura a repartición dos cartos procedentes da venda dos dereitos de retransmisión televisiva dos eventos, e que contribuíu de xeito decisivo a que Bernie Ecclestone se asegurara o control financeiro da Fórmula 1. Foi renovado en 1992, en 1997 e en 2007. Porén, en 1993 unha reestruturación da FIA desmantelou a FISA, eliminándoa do panorama institucional.

Nestes anos, as escuderías introduciron unha gran cantidade de innovacións tecnolóxicas nos seus monoprazas, que foron prohibidas polas normas da Fórmula 1 ó longo do tempo. En foi prohibido o efecto chan, que xa era amplamente utilizado, e en , prohibíanse os motores turbo que foran introducidos por Renault en , após varias medidas previas para limita-la súa potencia e velocidade. Os monoprazas motorizados por este tipo de propulsores foron os máis potentes endexamais construídos na Fórmula 1, chegando a producir en 1100 cabalos de potencia con regraxes de carreira e 1400 con regraxes de cualificación.

E xa a comezos dos 90, as escuderías comezaron a introducir axudas electrónicas á condución nos seus monoprazas, como as suspensións activas, o control de tracción ou as caixas de cambios semiautomáticas, aínda que en todos estes elementos foron ilegalizados coa escusa de que os resultados do deporte deben ser consecuencia das habilidades do piloto, e non da tecnoloxía dos coches. Así e todo, moitos consideraron que esta prohibición era nominal, e que os órganos reguladores non tiñan capacidade para comproba-lo cumprimento das regulacións sobre este tema.

Alén diso, dende comezos da década dos 90, os avances tecnolóxicos provocaron que o custo de competir en Fórmula 1 aumentara drasticamente, concedéndolle unha importancia crucial ós patrocinadores. Isto provocou que os equipos pequenos xa non sufrisen só para ser competitivos, senón xa para manterse en competición; de feito, dende preto dunha trintena de escudarías desapareceron, na súa maioría por problemas financeiros. Salienta entre todas o caso de Prost GP, que tivo que ser incluso intervido polas autoridades xudiciais francesas. Por mor da alza do custo, Eddie Jordan fixo as súas famosas declaracións sobre a imposibilidade de que os equipos privados sigan a competir, provocando a "era dos equipos privados rematase" As declaracións de Eddie Jordan en itv-f1.com .