O Conservatorio Superior de Música do Liceo (en catalán: Conservatori Superior de Música del Liceu) de Barcelona, fundado en 1837, é unha das escolas de música máis importantes e prestixiosas de Cataluña e de todo o Estado. Dende o 2009 o conservatorio está localizado no número 88 do Carrer Nou de la Rambla de Barcelona, logo de deixar a súa antiga sede na Plaça de Urquinaona da capital catalá, onde na actualidade se encontra o Centre Professional de Música del Liceu, un centro de estudos musical no que se imparten ensinanzas de Grao Profesional de Música, a aula de música moderna e jazz, e a escola de música.Centre Profesional Conservatori Liceu (Contacto)Conservatori Superior (Contacto)
Esta institución chegou a ter unha importancia primordial para a vida musical, non só de Barcelona senón de todo o mundo.
Historia miniatura|dereita|Edificio do Conservatorio Superior de Música del Liceo, na Praza Urquinaona, esquina Via Laietana de Barcelona. O 21 de febreiro de 1837 constituíuse a Sociedad Dramática de Aficionados por un grupo de persoas presididas polo comandante Manuel Gibert i Sans, que implantou un centro de ensino adicado á música, o canto e á arte dramática en Barcelona. Ao cabo duns meses, o 10 de novembro, a sociedade pasou a denominarse Liceo Filarmónico Dramático de Montesión. O 27 de abril do ano seguinte celebrouse no Concello de Barcelona o acto de inauguración das cátedras do Liceo, e o 25 de xuño a institución mudaba o seu nome por Orde Real polo de Liceo Filarmónico Dramático de S.M. la Reina Isabel II, autorizando a raíña rexente María Cristina para que a sociedade levase o nome da súa filla.Historia na web do Conservatorio O primeiro Director das Cátedras de Música da institución barcelonesa foi Marià Obiols i Tramullas.
En 1847, a institución inaugurou o Gran Teatro do Liceo. En 1854, o conservatorio e o teatro separáronse administrativamente, mais ao longo da súa existencia, ata a data, mantiveron unha interrelación permanente entrámbalas institucións.
Centros Conservatorio Superior de Música Centro Profesional Escolas de Música
Dirección miniatura|Gran Teatro do Liceo na Rambla de Barcelona.
Os directores do Conservatorio foron:
Mariano Obiols (1847-1888). Gabriel Balart i Crehuet (1889-1893). Francesc de Paula Sànchez Cavagnach (1893-1918). Joan Lamote de Grignon (1919-1931). Josep Barberà (1931-1938). Josep Biosca i Casas (1939-1949). Josep Munner (1949-1953). Pere Vallribera i Moliné (1953-1982). Ricard Villanueva. Anna Albors. Jaume Torrent. Evelio Tieles. Benet Casablancas.
Mestres e alumnado Entre os mestres destacados que pasaron pola institución destacan:
Antoni Nicolau. Jaime Pahissa. Ricard Valls. Salvador Pueyo. Antoni Ros-Marbà. Josep Còdol. Pau Casals. Higini Anglès. Joaquim Zamacois. Antoni Massana. Josep Muset. Miquel Querol. Rafael Grimal. Josep Maria Llorens.
Nas súas aulas formáronse, entre outros: Francesc Viñas. Francisco Casanovas. Miguel Fleta. Frederic Mompou. Victoria de los Ángeles. Montserrat Caballé. Josep Carreras. Conchita Supervía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Conservatori Liceu 175 anys (libro dixital sobre a historia do Conservatorio)
Ligazóns Páxina do Conservatorio Superior de Música del Liceo.
Categoría:Institucións de ensino musical Categoría:Premio Creu de Sant Jordi