Chamartín é un distrito da cidade de Madrid situado no norte da cidade.

Limita polo norte co distrito de Fuencarral-El Pardo, polo leste co distrito de Ciudad Lineal, polo sur co distrito de Salamanca, polo suroeste con Chamberí e polo oeste con Tetuán. Ten unha superficie de 9,2 km² e unha poboación de 144.796 habitantes no ano 2023. Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1947.

Datos históricos

Delimitado polo Paseo da Castellana, a M-30 e a A-2 (autovía do Nordeste), dos distritos centrais de Madrid é o que tivo un desenvolvemento máis tardío, xa que ata despois da Guerra Civil soamente o Barrio de la Prosperidad e algunhas colonias de hotelitos daban vida urbana ao Distrito.

Con excepción do Casco Rural de Chamartín de la Rosa, practicamente o resto da área estaba formada: ao norte por grandes leiras da nobreza que posteriormente foron cedidas a ordes relixiosas; ao sur produciuse un pequeno desenvolvemento ao redor do Camino de Hortaleza, ao saltarse, no século XIX, as Rondas.

Se outrora o máis destacado foi a praza e o palacio do Infantado, hoxe éo principalmente a espazosa e funcional estación ferroviaria de Chamartín, asentada no que fose campo santo da vila.

No espazo do antigo municipio localízanse agora unha serie de importantes complexos: o Estadio Santiago Bernabéu, El Viso, Ciudad Jardín, Prosperidad, Hispanoamérica e Nueva España.

Barrios Este distrito está dividido en seis barrios:

Ciudad Jardín El Viso Hispanoamérica Nueva España Castilla Prosperidad

Véxase tamén Referencias

Bibliografía

Ligazóns externas

Información do distrito Actividades e eventos Direccións e teléfonos Publicacións e convocatorias Participación cidadá Información sobre os Plenos do distrito Retransmisión do Pleno en directo Galería de retransmisións do Pleno

Categoría:Distritos de Madrid