A batalla de Flirey foi unha batalla da primeira guerra mundial sucedida entre o 19 de setembro de 1914 e o 11 de outubro do mesmo ano. O resultado foi unha vitoria alemá sobre as tropas francesas. A batalla danou estruturas importantes que chegaban á cidade fortificada de Verdún

Antecedentes Nas beiras do río Meuse foron ao longo dos séculos construídas varias fortificacións, tanto no lado alemán coma no lado francés. Nos anos anteriores ao inicio da primeira guerra mundial, o Alto Mando xermano deuse conta de que a artillaría podería esnaquizar grandes infraestruturas a longas distancias. Por iso co inicio da guerra, as tropas alemás viron no Meuse a oportunidade de curtar estradas e vías férreas francesas que conducían a Verdún. Deste xeito limitarían as posibilidades dos franceses de atacar territorio alemán.

A batalla O ataque comezou o 19 de setembro cando a cabalería alemá que partía de Metz, atacou a tropas defensoras francesas en torno a Dieulouard e Martincourt. Flirey, os bosques achegados e Seicheprey foron capturados rapidamente. O día 22, os franceses recibiron reforzos pero non puideron frear o avance alemán. Para este día, os efectivos alemáns mudaron a dirección de sur a sueste. O día 24, tomaron Saint-Mihiel pero foron retomados Flirey, Seicheprey e Xivray. Ante as novas ofensivas galas, o exército alemán atrincherouse e o día 27 sufriu varios ataques, que non obstante apenas moveron a liña da fronte. Os ataques franceses continuaron ata o 11 de outubro, sen resultado.

Categoría:Batallas da primeira guerra mundial Categoría:1914 Categoría:Batallas do século XX