miniatura|Estudios de Yorkshire Television, Kirkstall Road, Leeds. Independent Television máis coñecida como ITV é a máis antiga cadea de televisión comercial británica e a terceira de Europa por detrás de TMC Monte Carlo e RTL9. Opera varias redes comerciais no Reino Unido. Foi establecida en 1955 para facer a competencia á BBC. Aínda que o seu nome oficial é Channel 3, establecido pola Lei de Radiofusión de 1990 para diferenciala de BBC One, BBC Two e Channel 4, este nome nunca foi empregado de xeito comercial pola ITV.

Historia Independent Television foi creada grazas ó Television Act (Lei de televisión) de 1954. ITV comezou a emitir o 22 de setembro de 1955 para a área de Londres, ao longo de 1956 implantouse nas Midlands e no norte de Inglaterra, ao ano seguinte chegou a partes de Escocia e en 1958 a GalesRobert Turnock Television and consumer culture: Britain and the transformation of modernity, p. 1.

Servizos Televisión ITV1 ITV2 ITV3 ITV4 CITV Channel Men & Motors

Organización Ó contrario que o resto de cadeas de televisión do Reino Unido, ITV non é propiedade dunha soa empresa aínda que estivo preto do ser estes anos. Ofcom manexou as licenzas de catro compañías para proporcionar a ITV servizos rexionais. O servizo de ITV alcanza 10 rexións en Inglaterra, Gales e as fronteiras de Escocia e a Illa de Man. En Escocia STV Central Limited ten a licenza para o centro e STV North Limited para o norte incluíndo as illas Hébridas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

ITV1

Ligazóns externas

Sitio Web

Categoría:Cadeas de televisión do Reino Unido Categoría:Membros da Unión Europea de Radiodifusión