Os lofoforados ou Lophophorata son un conxunto de filos que posúen unhas características comúns o cal no pasado serviu para configurar unha ampla categoría taxonómica pero que actualmente os zoólogos considérano cando menos un grupo controvertido xa que inclúe a animais que aínda que teñen características semellantes tamén teñen diferenzas notables. Os filos tipicamente lofoforados son os briozoos (ou ectoproctos), os braquiópodos e os foronídeos.

Posición sistemática O lugar que ocupan os lofoforados dentro do esquema do reino animal esta sendo debatido na actualidade, non habendo acordo entre os distintos investigadores. Para algúns autores, como Hickman,Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W., 2006. Principios integrales de zoología, 13ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XVIII+1022 pp. ISBN 84-481-4528-3 son protóstomos, mentres que outros, como Brusca,Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3. os consideran deuteróstomos; incluso hai investigadores que os consideran en certo modo intermedios entre protóstomos e deuteróstomos.Jefferies, R. P. S., 1986. The Ancestry of the Invertebrates. British Museum (Natural History), London.

Características comúns

Os lofoforados teñen as seguintes características comúns: A posesión dun órgano tentaculado, o lofóforo (de lophos, crista, e phoreus, posuidor), que utilizan para capturar o alimento e como órgano respiratorio, que rodea a boca pero non o ano; conteñen unha prolongación do celoma, e as delgadas paredes con cilios dos tentáculos non son só un eficaz sistema de alimentación, senón que tamén funcionan como superficie respiratoria para o intercambio de gases entre a auga e o líquido celomático. O celoma se forma por enterocelia. A boca do adulto non deriva do blastóporo embrionario (excepto en foronídeos). Unha organización trímera, é dicir, o corpo dividido en tres rexións, prosoma, mesosoma e metasoma, cada unha cunha cavidade celomática independente e xeralmente par, procele, mesocele e metacele, respectivamente. Tubo dixestivo en forma de "U". Teñen segmentación total e radial dos ovos e carecen de cabeza. Desenvólvense a partir de larvas asimilables a unha dipléurula dos equinodermos (ou a unha trocófora dos poliquetos, segundo os autores). Cada grupo dos lofoforianos en desenvolvido unha cuberta protectora de forma independente: os foronoideos forman tubos, os briozoos forman a cuberta do zoecio e os braquiópodos segregan unha cuncha bivalva.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Álvarez F., Emig C. C., Roldán C. & J. M. Viéitez, 2005. Lophophorata: Phoronida, Brachiopoda. In: Fauna Ibérica, vol. 27. Museo de Ciencias Naturales, CSIC Madrid, 273 pp. Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp 730–758 ISBN 84-368-0316-7

Categoría:Lofoforados