O lev (en plural leva, en búlgaro: лев/лева) é a moeda oficial de Bulgaria. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é BGN e a súa abreviatura Lv (Лв). Subdivídese en 100 stotinki (стотинки). En búlgaro antigo, a palabra lev significaba león.

Historia O lev foi introducido en 1881 cunha taxa de cambio fixa respecto ao franco francés. Dende entón, a moeda sufriu tres revalidacións. A primeira foi en 1952 por mor da inflación na posguerra, facéndose cunha taxa de cambio dun lev novo por 100 dos antigos. Despois, en 1962, vólvese a revalidar a moeda a razón dun lev por 10 dos desvalorizados. A partir de aquí o lev entrou nun período de estabilidade de preto de tres décadas. A diferenza doutras moedas dos estados comunistas, o lev non era convertible ás moedas dos estados occidentais. Con todo, a taxa de cambio oficial era de aproximadamente 90 stotinkis por dólar estadounidense, no mercado negro pagábase entre cinco e seis veces máis.

Despois da caída do comunismo, o lev volve sufrir fortes episodios de inflación. Por este motivo en 1997 estableceuse unha taxa de cambio fixa co marco alemán a razón de 1.000 lev por marco. O 5 de xullo de 1999 o lev vólvese a revalidar e estabeleceuse a paridade co marco alemán (1 BGN = 1 DEM). Por mor da substitución do marco polo euro (EUR) o 1 de xaneiro de 2002, o lev mantivo unha taxa de cambio fixa respecto da moeda única europea a razón de 1,95583 lev por euro. Prevese que o euro substitúa ao lev en 2011.

Moedas A moedas que circulan correntemente son as dos valores de: 1 stotinka 2 stotinki 5 stotinki 10 stotinki 20 stotinki 50 stotinki 1 lev

Billetes Os billetes búlgaros en circulación oficial son: 1 BGN 112 x 60 mm Tonalidade: vermello Anverso: unha icona do Santo Iván Rilski do ano 1789 Reverso: o Mosteiro de Rila 2 BGN 116 x 64 mm Tonalidade: violeta Anverso: o teólogo Pagisios de Chiliandar, de fondo o Mosteiro Zografou en Monte Athos Reverso: escudo cun león rampante e o escudo de armas de Bulgaria 5 BGN 121 x 67 mm Tonalidade: rosa Anverso: o pintor e deseñador Iván Milev, de fondo detalle da súa pintura "Arte e a Coroa de Espiñas" Reverso: detalle das súas pinturas "Muller Colleitando" e "A Voda do Dragón" 10 BGN 126 x 70 mm Tonalidade: verde e rosa Anverso: o lingüista Peter Beron, de fondo un globo terráqueo, un rinoceronte e unha balea Reverso: un telescopio e motivos relacionados coa Astroloxía 20 BGN 121 x 73 mm Tonalidade: azul Anverso: Stefan Stambolo], de fondo unha edición facsímile da súa antoloxía "Cancións e Poemas" e o selo do Comité Edinstvo Reverso: o edificio da Asemblea Nacional e fragmentos das pontes da Aguia e do León en Sofía 50 BGN 136 x 76 mm Tonalidade: marrón Anverso: o poeta e crítico literario Pencho Slaveykov, de fondo o Teatro Nacional e a Biblioteca Nacional en Sofía Reverso: fragmento dun poema da súa antoloxía "Cancións Épicas" e motivos alegóricos ao mesmo 100 BGN 141 x 79 mm Tonalidade: verde escuro Anverso: o escritor Aleko Konstantinov e un facsímile da súa primeira edición de "Un Viaxe a Chicago e Volta" Reverso: o escritor rodeado de libros, flores, un reloxo e letras cirílicas

Taxas de cambio 1 EUR = 1,9601 BGN (9 de marzo de 2014) 1 USD = 1,4127 BGN (9 de marzo de 2014)

Véxase tamén

Ligazóns externas Banco Nacional de Bulgaria

Categoría:Economía de Bulgaria Bulgaria Categoría:ISO 4217