1945 (MCMXLV) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.
Este ano marcou a fin da segunda guerra mundial, após a derrota das Potencias do Eixo (a Italia fascista, a Alemaña nazi e o Xapón imperial, respectivamente).
Acontecementos miniatura|300px|5 de xuño de 1945: Inauguración da Exposición organizada por Casa de Galicia nos salóns do Ateneo de Montevideo. Acompaña a Castelao o Presidente da República Juan José Amézaga. 19 de febreiro - Executados en Santiago de Compostela os guerrilleiros Ramón Díaz Hermo e Santiago Rey N. 4 de marzo - Francisca Herrera Garrido é a primeira muller en ser nomeada membro numerario da RAG. 10 de marzo - Bombardeo de Tokyo pola aviación dos Estados Unidos co resultado de 83,000 mortos. 2 de maio - Capitulación de Berlín, capital de Alemaña. O 7 de maio as forzas armadas alemás rendense ante o xeneral Eisenhower, e ó día seguinte ante o mariscal Zhukov. 15 de maio - A Garda Civil mata en Ordes a Manuel del Río Botana, enlace da guerrilla. 31 de maio - Delio Rodríguez convértese no primeiro galego en gañar a Vuelta Ciclista a España. 22 de xullo - Xuntanza en Coruxo de 19 galeguistas que deciden formar un Comité executivo provisorio do Partido Galeguista na clandestinidade. 6 de agosto - Bomba atómica sobre Hiroxima 9 de agosto - Bomba atómica sobre Nagasaki. 10 de agosto - Rendición incondicional do Xapón. 16 de outubro - Creación da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura.
Acontecementos de maior duración Segunda guerra mundial (1939-1945)
Nacementos 1 de xaneiro - Betty Missiego, cantante española. 3 de xaneiro - Stephen Stills, cantautor estadounidense. 3 de xaneiro - Victoria Principal, actriz xaponesa-estadounidense. 6 de xaneiro - Alfredo Conde, escritor e político galego. 10 de xaneiro - Rod Stewart, cantante británico 6 de febreiro - Bob Marley, músico xamaicano de reggae (m.1981) 8 de marzo - Anselm Kiefer, pintor e escultor alemán. 30 de marzo - Eric Clapton, músico británico. 4 de abril - Katherine Neville, escritora estadounidense. 25 de abril - Björn Ulvaeus, compositor sueco (ABBA). 1 de maio - Rita Coolidge, cantante estadounidense. 14 de maio - Yochanan Vollach, futbolista israelí. 17 de maio - Pieter Breuker, lingüista e escritor frisón. 19 de maio - Pete Townshend, compositor e músico inglés (The Who). 31 de maio - Rainer Werner Fassbinder, director alemán de cine (m. 1982) 31 de maio - Laurent Gbagbo, presidente da Costa do Marfil 14 de xuño - Cláudio Fontana, cantante brasileiro. 14 de xuño - Jörg Immendorff, pintor e escultor alemán (m. 2007). 19 de xuño - Aung San Suu Kyi, poetisa de Mianmar, Premio Nobel da Paz 25 de xuño - Carly Simon, cantante estadounidense. 1 de xullo - Debbie Harry, cantante estadounidense. 23 de xullo - Carlos Pajares, físico español. 1 de agosto - Douglas D. Osheroff, físico estadounidense, Premio Nobel 14 de agosto - Wim Wenders, director de cine alemán. 9 de setembro - Dee Dee Sharp, cantante estadounidense. 10 de setembro - José Feliciano, cantante portorriqueño. 11 de setembro - Franz Beckenbauer, ex xogador de fútbol alemán. 12 de setembro - Milo Manara, creador de banda deseñada italiano. 21 de setembro - Camiño Noia Campos, escritora e lingüista galega. 22 de novembro - Francisco Rodríguez Sánchez, político galego. 24 de novembro - Naruddin Farah, escritor somalí. 17 de decembro - Joan Castejón, debuxante, pintor, escultor e escritor español.
Mortes 3 de xaneiro - Edgar Cayce, físico estadounidense. 19 de xaneiro - Antonio Ramos Varela, escritor e político galego (n. 1903). 22 de xaneiro - Else Lasker-Schüler, escritora alemá. 12 de marzo - Anne Frank, asasinada polos nazis no campo de concentración de Bergen-Belsen. 12 de marzo - Estanislao Pérez Artime, industrial e político galego (n. 1881). 31 de marzo - Hans Fischer, químico e médico alemán, premio Nobel de Química en 1930. 6 de abril - Manuel Bares Giráldez, xornalista e escritor galego. 25 de abril - José Santiago Seijo, avogado, xornalista e político galego (n. 1877). 28 de abril - Benito Mussolini, fundador do fascismo, duce de Italia (1922-1943). 30 de abril - Adolf Hitler suicídase no seu búnker en Berlín. 24 de maio - Heinrich Himmler, líder das SS alemás. 7 de xuño - Kitarō Nishida, filósofo xaponés (n. 1870). 20 de xullo - Paul Valéry, poeta francés. 26 de setembro - Béla Bartók, compositor húngaro. 16 de outubro - José Baña Pose, escritor galego (n. 1872). 22 de outubro - Antonio Palacios Ramilo, arquitecto galego. 29 de outubro - Xosé Arcos Moldes, perito mercantil e xornalista galego (n. 1863). 20 de novembro - Francis William Aston, físico e químico inglés, premio Nobel de Química en 1922. 4 de decembro - Thomas Hunt Morgan, fisiólogo estadounidense, premio Nobel de Medicina en 1933. 25 de decembro - Juan Tizón Herreros, escritor e político galego (n. 1895).
Premios Nobel Física: Wolfgang Pauli Química: Artturi Ilmari Virtanen Fisioloxía ou Medicina: Alexander Fleming, Ernst Boris Chain e Howard Walter Florey Literatura: Gabriela Mistral Paz: Cordell Hull
Outros O ciclista galego Delio Rodríguez Barros vence na Volta ciclista a España.
Véxase tamén Historia ano a ano
Categoría:1945