miniatura|Logo. Galiciaé ou Galiciae.com é un portal galego de Internet nado o 2 de decembro de 2007.

Organigrama Composición Trátase da plataforma que agrupa en Internet os medios do Grupo El Progreso; é dicir, os xornais El Progreso de Lugo, Diario de Pontevedra e o gratuíto L-V de Luns a Venres e mais a revista mensual económica Nova +.

Tamén se incorporou a Galiciaé un portal monográfico, Galicia Gastronómica, e dende esta plataforma tense acceso a outras webs do Grupo El Progreso: a Axencia Galega de Noticias, a produtora audiovisual LugoPress e a televisión local Telelugo.

Conta cunha redacción central en Santiago de Compostela e redactores nas redaccións de El Progreso e Diario de Pontevedra. A cobertura técnica corre a cargo dunha empresa do sector informático, Ozono Multimedia.

Galiciaé é, á súa vez, herdeiro de Xeración.com, un portal de contidos alternativos e enfoques máis xuvenís, que funcionou entre maio e decembro de 2007. A posta en marcha de Galiciaé supuxo o peche desta web e das que tiñan por separado os tres xornais do grupo.

Traxectoria Inicialmente, Galiciaé saíu como Galiciae (sen acento). Esteticamente era un portal configurado en tres columnas: unha primeira de información, unha segunda de complementos e publicidade e unha terceira de servizos. A segunda columna contiña arriba o GeCubo, unha ventá con catro facianas nas que se podía ver o último que entraba na web, fose un voto, un comentario dos lectores, unha noticia ou un vídeo.

O GeCubo desapareceu no cambio de deseño que Galiciaé sufriu en febreiro de 2009, pouco antes das eleccións autonómicas galegas dese ano. Mantéñense as tres columnas, pero a terceira, que pasa a ser máis publicitaria, gaña ancho a costa da primeira. Este redeseño, no que o portal incorpora o acento do título, tamén permite unha mellor cobertura das noticias, ao deixar ver en portada as informacións relacionadas (que antes só aparecían no interior) e ao posibilitar portadas especiais, con títulos a dúas ou tres columnas, que antes non se utilizaban.

Segundo os datos de OJD Interactiva, en outubro de 2009 contaba cuns 140.000 visitantes únicos, cunha media de 10.700 lectores diariosEvolución histórica da audiencia de Galiciaé. Informe de OJD Interactiva..

Características Entre as características peculiares de Galiciaé pódense citar as seguintes:

A combinación entre noticias xerais, elaboradas pola redacción de Galiciaé, e as locais, producidas por El Progreso e Diario de Pontevedra. Isto apréciase nas cores. Os titulares da zona de Galiciaé son vermellos; os do Diario de Pontevedra, negros, e os de El Progreso, azuis. Tamén son azuis, pero noutro ton distinto, os da zona de L-V. A participación dos lectores e lectoras, que poden comentar todas as noticias, utilizando un nick. Isto ten xerado varias accións de cibervandalismo e fortes polémicas entre a redacción e os lectores. Os usuarios tamén poden participar, como se fai noutras webs, votando tanto as noticias como os comentarios dos demais usuarios. O uso do galego, tanto entre os colaboradores como na propia web, que conta cunha versión neste idioma, xerada por tradutor automático. Todos os contidos publícanse en castelán e en galego, agás as entrevistas e os artigos de opinión, que saen no idioma en que foron feitos.

Os blogs propios, que son ata sete, de diferente actualización e temática:

Apuntes en sucio, de Manuel Jabois. Bitácora de Cora, de José de Cora. Crítica y cine, de Eloy Domínguez. Letras Vaqueiras, de Ángel Vaqueiro. O Blog de Paco Rivera, de Paco Rivera. Rotativa cúbica, da redacción de Galiciaé. Sursuncorda, de Xoán C. Vidal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Galiciaé

Categoría:Prensa de España Categoría:Grupo El Progreso Categoría:Portais de Internet