Josef Marchet, nado en Glemone o 23 de xullo de 1902 e finado en Udine a 8 de maio de 1966, foi un sacerdote, lingüista e escritor friulano.

Vida Estudou no Seminario de Udine e en 1925 foi consagrado sacerdote proseguindo os seus estudos de literatura clásica e moderna na Universidade Católica de Milán, licenciándose en 1935 e marchando logo a Abisinia como capelán militar. Tras volver ó Friuli ensinou no Seminario de Udine ata que en 1944 as autoridades desterrárono. Tras a guerra inspira o grupo poético La Risultive formado en 1949 e convértese no gran sostedor e teórico da autonomía friulana, reivindicando a lingua friulana como un medio de comunicación moderno.

Foi un dos fundadores e director do semanario La Patrie dal Friûl, o único periódico escrito integramente en friulano. Desde 1961 foi tamén tamén director da revista literaria Sot la nape; é tamén o autor da primeira gramática da lingua friulana.

Obras Lineamenti di grammatica friulana (1952) La scultura lignea in Friul (1956) Letaris ai furlans (1966 i 1991) Le chiesette votive del Friuli (1971 e 1982) Cuintristorie dal Friûl (1974) Lis predicjis dal muini (1975) I lunaris di pre Bepo (1976) La Patrie (1976)

Categoría:Escritores en lingua friulana Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1966