TunisiaGonzález Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4. (en árabe : al-Jamhuriya at-Tunisia, الجمهورية التونسية), é un país árabe de África do norte, limitado polo Mediterráneo. É un país do Magreb, coma Marrocos, Mauritania, Alxeria e Libia. Situada no norte do país, a súa capital é Tunes.

Coa independencia o 20 de marzo do 1956, unha asemblea constituínte foi elixida, que aboliu a monarquía bey da dinastía huseinita no poder desde 1705 e proclamou a república o 25 de xullo do 1957 con Habib Bourguiba coma presidente.

Tunisia é un destino popular dos turistas europeos que visitan Hamamato, Monastir, Souse e o Porto El-Kantaoui, o deserto do Sáhara no sur, e os sitios arqueolóxicos coma Cartago ou Dougga.

Historia Tunisia está poboada desde a prehistoria. Os seus primeiros habitantes coñecidos son os bérberes. 814 A.C.: Fundación de Cartago por colonos fenicios, conducidos pola raíña Dido. A nova cidade desenvólvese axiña, converténdose nunha potencia que inqueda a Roma. 264 - 146 A.C.: Tres guerras contra Roma, pasadas á posteridade baixo o nome das guerras púnicas, dando lugar, entre outras, á fantástica expedición conducida por Haníbal que atravesa os Alpes cos seus elefantes (218 - 202 A. C). Estas guerras rematan coa derrota de Cartago. 146 A.C. - 439: Establecemento da primeira colonia romana, Africa. O país coñece unha grande prosperidade. Desenvólvense a agricultura e a urbanización. Vándalos e Bizantinos 439: Conquista de Cartago polos Vándalos. 533: Toma de Cartago polos Bizantinos. Era árabe-musulmá miniatura|esquerda|Mapa de Tunisia 647-698: Comezo da era árabe-musulmá. Fundación de Kairouan por Oqba Ibn Nafaa (en 670) e toma de Cartago polos árabes no 698. 800-909: Expansión do islam e establecemento da dinastía dos Aghlabidos (construción da mesquita de Zitouna de Tunis). Kairouan é entón o centro político e intelectual do Magreb. 909-1159: Dinastías fatimida e zirida. Mahdia, fundada en 921, convértese na capital do país. 1159-1230: Os Almohades unen os país do Magreb e a Andalucía musulmá. 1236: Os Hafsides, vasalos dos Almohades, decláranse independentes e fundan unha nova dinastía en Tunisia que reina ata o 1574. 1574: A Tunisia é anexada ao Imperio Otomán. 1705: Fundación da dinastía huseinita (botada o 25 de xullo do 1957).

Protectorado francés miniatura|Tunisia vista desde satélite 1881-1956: Protectorado francés, establecido o 12 de maio de 1881. A resistencia anticolonial dura durante practicamente a totalidade dos 75 anos da dominación francesa.

Independencia O 20 de marzo de 1956 Tunisia obtén a independencia. O 25 de xullo de 1957 proclamouse a república, nomeándose a Habib Bourguiba presidente da Tunisia independente.

O 1 de xuño de 1959 adoptouse a primeira constitución republicana.

O 15 de outubro de 1963 as tropas francesas evacuaron Bizerte, a súa última base no país.

O 7 de novembro de 1987 o primeiro ministro Zina el-Abidina Ben Ali depuxo o presidente Bourguiba, xulgado por incapacidade de continuar as súas funcións.

O 14 de xaneiro de 2011 un levantamento popular depuxo o presidente Ben Ali e mandouno ao exilio a Arabia Saudita.

División administrativa

miniatura|dereita|200px|Provincias de Tunisia

Tunisia atópase dividida en 24 provincias: <li> Ariana <li> Béja <li> Ben Arous <li> Bizerte <li> Gabès <li> Gafsa <li> Jendouba <li> Kairouan <li> Kasserine <li> Kebili <li> Kef <li> Mahdia<li> Manouba <li> Medenine <li> Monastir <li> Nabeul <li> Sfax <li> Sidi Bou Zid <li> Siliana <li> Sousse <li> Tataouine <li> Tozeur <li> Tunis <li> Zaghouan

As provincias están divididas en 264 " delegacións" ou "distritos" (mutamadiyat), e subdivididos en municipios (shaykhats' ') e sectores (imadats'').

Política Gobernantes dende 1957: Habib Bourgiba (1957-1987) Zine al-Abidine Ben Alí (1987-2011)

Xeografía

Demografía

Economía

Notas