miniatura|240px|Thymiosycia hilla = Holothuria hilla, un holoturoideo. Os equinodermos (Echinodermata, plural latino do grego ἐχινόδερμα echinóderma, "pel con espiñas", de ἐχῖνος echínos, "espiña" δέρμα, -ατοσ dérma, -atos, "pel", echinodermata, da forma plural grega ἐχινοδέρματα).A galeguización do latín científico Echinodermata como equinodermos trátase dunha especie de tradución-adaptación, xa que existe un sinónimo latino Echinoderma, practicamente sen uso, e en todos os idiomas romances utilízanse termos equivalentes a equinodermos. É un caso similar ao de Cyclostomata / Cyclostomi que se adapta como ciclóstomos. son un filo de animais deuteróstomos mariños e bentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivo esqueleto interno formado por osículos calcarios. Posúen, en estado adulto, simetría pentarradial secundaria, caso único no reino animal, e un sistema vascular acuífero característico.
Os equinodermos xurdiron no Cámbrico, hai uns 600 millóns de anos,Brusca & Brusca (2005). e a día de hoxe seguen sendo un dos filos máis importantes, contendo cerca de 7.000 especies viventes e arredor de 13.000 extintas.
Características Este grupo ten, ademais da súa particular simetría que o fai doado de recoñecer, unhas características propias que se poden resumir do seguinte xeito: Teñen un esqueleto interno (endoesqueleto) formado por ósiculos calcarios, que aparece recuberto por unha epiderme con cilios. O celoma e amplo e complexo e dá lugar ao sistema hemal e ao sistema ambulacral, característicos destes animais. Son deuteróstomos e enterocélicos, co mesoderma derivado do arquéntero e o blastóporo orixina o ano, características todas elas comúns aos cordados. A maioría dos membros deste grupo teñen un tubo dixestivo completo, con boca, esófago, intestino e ano. O sistema circulatorio tamén se chama sistema hemal e está formado por ringleiras de células con lagoas entre elas. Existe tamén un sistema perihemal que rodea ao anterior e que ten unhas cavidades chamadas seos e desenvolve un papel na nutrición do animal. O sistema nervioso non está centralizado nunha zona cerebroide (acefalia), e consta de tres aneis nerviosos dos que saen os nervios radiais cara aos distintos brazos. Carecen dun aparato respiratorio definido, só algúns presentan adaptacións para a respiración. Tamén carecen de sistema excretor. A reprodución é sexual, e son dioicos, con órganos reprodutores sinxelos e gonodutos simples. Teñen dous tipos de rexións: as cinco que posúen uns pés ou podios (ambulacro) e as que están no medio delas que carecen de podios (interambulacro). As larvas nacen con simetría bilateral que logo nos adultos se transforma en simetría radial e nalgúns casos aparece unha simetría radial secundaria.
Clasificación
Segundo o ITIS
miniatura|240px|Estrelas de mar (Asteroidea). miniatura|240px|Paracentrotus lividus, un ourizo de mar moi abundante nas costas galegas (Echinoidea). miniatura|240px|Cogombro de mar no Aquarium Finisterrae da Coruña. (Holothuroidea).
Filo Echinodermata subfilo Eleutherozoa Bather, 1900 superclase Asterozoa Zittel, 1895 clase Asteroidea Blainville, 1830 clase Somasteroidea Spencer, 1951 superclase Cryptosyringida Smith, 1984 clase Echinoidea Leske, 1778 clase Holothuroidea Blainville, 1834 clase Ophiuroidea Gray, 1840 subfilo Pelmatoza Bather, 1900 clase Crinoidea Miller, 1821
Segundo o WRMS Filo Echinodermata subfilo Asterozoa clase Stelleroidea subclase Asteroidea subclase Ophiuroidea subfilo Crinozoa clase Crinoidea subfilo Echinozoa clase Echinoidea clase Holothuroidea
Segundo o NCBI Filo Echinodermata sen rango Eleutherozoa superclase Asterozoa clase Asteroidea clase Ophiuroidea superclase Echinozoa clase Echinoidea clase Holothuroidea sen rango Pelmatozoa clase Crinoidea
Filoxenia O seguinte cladograma amosa as posibles relacións filoxenéticas dos principais grupos de equinodermos: (*) Parafilético.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3. Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6. Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4. Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3. Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7. Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.
Outros artigos Estrelamar Ourizo do mar
Ligazóns externas Animaldiversity Proxecto árobore da vida
Categoría:Invertebrados Categoría:Equinodermos