miniatura|dereita|350px|Patrulleiro Río Miño, unha das embarcacións de maior porte do SEMAR. O Servizo Marítimo da Garda Civil constituíuse por un Real Decreto do 22 de febreiro de 1991. Dende 1997 intégrase nel a Unidade de Actividades Subacuáticas (U.A.S.), cuxa orixe remóntase a 1981.
Organización Organízase nunha Xefatura, situada no mesmo complexo de edificios que alberga a Dirección Xeral da Garda Civil, en Madrid, e 22 Servizos Marítimos Provinciais, que abarcan todo o litoral español, ademais de 19 Grupos Especiais de Actividades Subacuáticas. Ó fronte está o Coronel Xefe do Servizo Marítimo da Garda Civil.
Misións miniatura|275px|A Cabaleiro fronte á illa de Toralla. As misións que teñen encomendadas son de seis tipos: Xudicial: prevención e investigación de delitos. Gobernativo: custodia de costas e portos e prevención da inmigración irregular. Fiscal: Resgardo Fiscal do Estado, prevención e represión contra o contrabando. Administrativo: protección da natureza e o medio ambiente no medio mariño, control e inspección pesqueira, e protección do patrimonio arqueolóxico submarino. Militar: as que lle encomendara o Goberno e o Ministerio de Defensa. Varias: misións de paz no estranxeiro, colaboración coa Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR), en auxilios e remolques.
Bases O Servizo Marítimo dispón de unidades en tódalas provincias costeiras da España peninsular, en Ceuta e nas Illas Baleares e Canarias. Os portos onde ten as súas bases son Alxeciras, Alacant, Almería, Barcelona, Benalmádena, Cádiz -Estación Naval de Puntais-, Cartaxena, Castelló, Ceuta, Corralejo (As Palmas), A Coruña, Los Cristianos (Santa Cruz de Tenerife), L'Escala (Xirona), Xixón, Huelva, Lanzarote, Marín -Escola Naval Militar-, Motril, Palma, Las Palmas de Gran Canaria, Pasaia (Guipúscoa), Santander, Santurtzi, Torredembarra (Tarragona), Valencia e Viveiro.
Medios Con base en Galicia + Código Nome / nº de serie En servizo Baixa Base Clase / observacións L04 EB7242 1992 en servizo Marín Bazán Saeta-39 M10 EB7867 1993 en servizo A Coruña Rodman-55M M13 EB2232 1996 en servizo Marín / Vigo Rodman-55M M31 Corvo MariñoAsignada ó Parque nacional das Illas Atlánticas. 2006 en servizo Marín Rodman-58 A06 Río AndaraxCedida polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño de España. 2003 en servizo A Coruña Rodman-101 A15 Río DueroEstivo destacada temporalmente en Mauritania. 2005 en servizo Marín Rodman-101 A19 Cabaleiro 2008 en servizo Marín Rodman-101
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Grupo de Acción Rápida. Grupos de Rescate e Intervención en Montaña. Servizo de Protección da Natureza. Unidade Especial de Intervención. Ligazóns externas
Páxina oficial.
Categoría:Garda Civil