O BC Žalgiris Kaunas é o nome co que se coñece ao Basketball Club Žalgiris, un club de baloncesto lituano da cidade de Kaunas, que participa na Lietuvos Krepšinio Lyga e na Baltic Basketball League.

Historia Fundado en 1944, é o máis prestixioso club de baloncesto de Lituania tanto polos títulos nacionais e internacionais acadados como pola calidade dos xogadores que se formaron na súa canteira, como Arvydas Sabonis ou Saulius Stombergas.

Actualmente compite na Liga nacional de Lituania e na Euroliga. Disputa os seus encontros no Kaunas Sports Hall, con capacidade para 5 000 espectadores. As cores do equipos son o verde e o branco.

Palmarés Títulos internacionais 1 Euroliga: 1999. 1 Eurocopa: 1998. 1 Copa Intercontinental: 1986. 1 Liga do Báltico: 2005. 1 Copa do Báltico: 1998. 1 NEBL: 1999.

Títulos nacionais 20 Ligas de Lituania: 1946, 1950, 1952, 1953, 1954, 1955, 1958, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2003, 2004, 2005, 2007 e 2008. 5 Ligas da URSS: 1947, 1951, 1985, 1986 e 1987. 1 Copa da URSS: 1953.

Véxase tamén Ligazóns Site oficial do Žalgiris Kaunas

Zalgiris Zalgiris Categoría:Equipos de baloncesto da Unión Soviética