Puente de Vallecas é un distrito da cidade de Madrid situado no sueste da cidade.
Limita polo noroeste cos distritos de Arganzuela e Retiro, polo nordés co distrito de Moratalaz, polo leste co distrito de Vicálvaro, polo sueste co distrito de Villa de Vallecas, polo oeste co distrito de Usera. Ten unha superficie de 14,97 km² e 241.603 habitantes no ano 2023. Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1950. En 1988 coa reorganización da división administrativa dos distritos, incluíronse ao distrito de Puente de Vallecas xunto cos outros 20 distritos que lle dividiron.
Datos históricos
Foi creado na reestruturación do 28 de marzo de 1987, dividindo o anterior de Vallecas en dous: este do Puente e o da Villa.
Atópase delimitado pola Avenida do Mediterráneo na súa confluencia coa da Paz, o río Manzanares, a vía do ferrocarril Madrid - Barcelona, rúa Sierra e Estrada de Vallecas.
A construción do metro no Puente de Vallecas, en 1924, supuxo un importante paso para a expansión do distrito que alcanza o seu apoxeo nas décadas de 1940 a 1950, asentándose no distrito unha gran poboación inmigrante.
O arrabalde do Puente e o barrio de Doña Carlota xa aparecen a finais do XIX, dedicado preferentemente á agricultura e cuxo casarío era de vivendas dunha planta, con pequenas hortas.
Predominan as súas funcións residencial e comercial, aínda que se mantén unha interesante industria artesanal.
Barrios Este distrito está dividido en seis barrios:
Entrevías Numancia Palomeras Bajas Palomeras Sureste Portazgo San Diego
Véxase tamén Referencias
Bibliografía
Ligazóns externas
Información do distrito Actividades e eventos Direccións e teléfonos Publicacións e convocatorias Participación cidadá Información sobre os Plenos do distrito Retransmisión do Pleno en directo Galería de retransmisións do Pleno Programación cultural de Puente de Vallecas
Categoría:Distritos de Madrid